jueves, 24 de noviembre de 2011

A IGUALDADE

O 21 de novembro veu a nosa BIBLIOTECA un señor que se chamaba Ramón. El foi o que nos falou da igualdade.Dixonos que os nenos e as nenas teñen que ter liberdade e tamén teñen que colaborar nas tarefas da casa.      (JORGE MILLÁN)


As  nenas  poden  xogar  ao  que   queiran  como  ao  futbol.  E  os chicos  poden  xogar  con  monecas.     (VICTOR  CANOSA)
  
Durante a semana do 25 de novembro (DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO), o Concello de Bueu leva a cabo unha campaña de concienciación nos centros de ensino. Neste caso viñeron ao noso cole para realizar un obradoiro sobre o tema.  

viernes, 11 de noviembre de 2011

O MAGOSTO

Despois de cantar durante a semana a canción que nos aprendeu a profe Sole:
        "Non chas quero,
         non chas quero,
         castañas do teu magosto.
Si que as quixemos e comemos  castañas que asaron Moisés e o profe Manolo.
COMEMOS, XOGAMOS, EMBORRÁMONOS  e pasámolo XENIAL

miércoles, 9 de noviembre de 2011

SEMANA DO MAGOSTO

Onte, na  HORA DE LER,  fomos á biblioteca e alí os nenos e nenas de E. Infantil de 4 e 5 anos, recitáronos adiviñas, léronos un conto e cantáronos unha canción relacionados coas castañas e o outono.
Ao final un grupo de pandereteiras de 3º ciclo, ofreceunos unha estupenda actuación.
Así é como estamos preparando o ambiente para a celebración do MAGOSTO.