jueves, 20 de junio de 2013

OS DE 4º DESPÍDENSE

    Despídome deste marabilloso blog do que nunca me esquecerei, como tampouco esquecerei este curso porque o pasei fenomenal.
Carlota

    Xa non vou escribir máis neste blog porque cambio de ciclo, por iso quería despedirme. As excursións, as visitas e as actividades que contamos aquí foi unha actividade moi entretida, así como este curso.
Teresa

    Queridos lectores, hoxe despedímonos deste blog Tarandeira do segundo ciclo. Aquí escribimos cousas divertidas, interesantes : excursións, visitas..., en fin, parte do que fixemos durante todo o ciclo.
Andrea

    Xa están aquí as vacacións. Por unha parte estou feliz pero por outra, triste porque vou deixar de ver aos compañeiros e porque despídome da profe. Feliz verán.
Sofía

    Quérome despedir deste blog Tarandeira xa que pasamos para o terceiro ciclo. Grazas por darnos diversión, recordarnos as cousas que fixemos no Colexio, nas clases, na biblioteca ... Un bico.
Iris

    Queridos lectores e lectoras nós, Mario e Manuel, despedímonos deste blog Tarandeira do segundo ciclo de Primaria. Como sabemos que xa non imos escribir máis neste blog, despedímonos con moito cariño del e da nosa profe. Ata logo.
Manuel e Mario

    Vou botar moito de menos á nosa profe e tamén a este ciclo que se me fixo moi curto. Este blog pareceume do máis divertido, con comentarios, imaxes, chistes ... Feliz verán.
Iria

    Voume para 5º e antes quero despedirme deste ciclo e deste blog Tarandeira. Chao blog.
Agustín

    Eu tamén quero despedirme de Tarandeira. Adeus.
Alexandra



domingo, 16 de junio de 2013

OBRADOIRO DE PINTURA

    Ola, somos Teresa, Carlota e Iria.
Esta última semana fixemos unha exposición de cadros na entrada do Cole, porque asistimos a un obradoiro de pintura, e como nos divertimos e aprendimos tanto,  queriamos ensinarlles un pouco sobre esta actividade aos nosos compañeiros/as dando ademais unha charla a todos.
    Cremos que resultou moi divertida e amena. 

  

BUSCANDO AMORODOS

O mércores 12 xuño 2013 o alumnado de 3º  foi á Froiteria Ramona de Beluso a  buscar os amorodos para repartirlle a todo o colexio xa que estamos outra vez na  semana da froita .
Preguntámoslle á froiteira de onde viña a froita e díxonos que podía vir de distintos sitios: algunha ven de Murcia, de Huelva; as cereixas veñen do Val do Jerte (Extremadura), tamén había amorodos e cebolas de Portugal e quiwis de Nova Zelanda.
Levamos 8 caixas pequenas e 1 grande; despois volvemos ao colexio e lavamos ben os amorodos e repartímolos en froiteiros para levarllos a cada curso. Fomos en grupos de dous ou tres.
                                                      (Carlos e Victor)


jueves, 13 de junio de 2013

O PIOLLO E A PULGA

 Hoxe, na hora de ler, representamos na Biblioteca do Cole para os rapaces de infantil o conto  "O PIOLLO E A PULGA".
  Cremos que pasaron un bo rato.
   Alexandra,  Ana, Andrea, Carlota, Iria, Mario, Martín, Teresa e  Uxía.