miércoles, 30 de octubre de 2013

SAMAÍN

Hoxe celebramos a festa do Samaín no Colexio. Nós, o alumnado de 3º de Primaria, representamos na biblioteca a obra "Corre corre, Cabaciña", primeiro para os maiores e despois para os máis pequenos. A continuación, os nenos e nenas de 4º, todos disfrazados, nos cantaron uns "chants" en inglés. Para rematar, o alumnado do 3º ciclo, todos debidamente disfrazados para a ocasión, escenificaron no salón do Colexio unha obra moi apropiada para a data de hoxe. Acabaron desfilando polos corredores.

A ORIXE DA FESTA

  A noite do 31 de outubro ao 1 de novembro, os pobos celtas celebraban o final da tempada de colleitas, que tamén era considerada como a última noite do ano, antes do comezo da estación escura. E dedicábanlla ao deus Samaín.
Eles pensaban que, esa noite, podían comunicarse cos seus antepasados. Por iso acendían fogueiras para guialos ata os seus antigos fogares. Co tempo, esas fogueiras foron substituídas por cabazas imitando caveiras que se baleiraban e nas que se acendía unha candea. 


 

viernes, 25 de octubre de 2013

VISITA DE FINA CASALDERREY

                            O pasado mércores recibimos a visita no noso Cole da escritora galega Fina Casalderrey. Xuntámonos todo o alumnado de Primaria na Biblioteca e alí contounos algunhas cousas da súa vida e sobre todo do seu amor pola lectura.

                             Ademais de escritora foi mestra durante corenta anos. Agora está xubilada desde o ano 2011. Hai un colexio de infantil que leva o seu nome.

                             Empezou  a escribir primeiro obras de teatro para os seus alumnos. Agora leva arredor de cincuenta libros publicados sobre todo para xóvenes e nenos.

                             Contounos  que se fixo escritora grazas a nós, porque lemos, e que é moi importante ler.

                                      A CHARLA FOI MOI INTERESANTE E DIVERTIDA.

                                                   Eva, Ramón, Raquel e Sara  (3º Primaria)




viernes, 18 de octubre de 2013

UNHA EXCURSIÓN FANTÁSTICA

O pasado día 16 de outubro os nenos e neas de 3º e 4º de primaria, fomos a Vigo a visitar a FUNDACIÖN LAXEIRO. Os cadros eran impresionantes, todos alucinamos. Algunhas obras estaban feitas por unha forma de pintar chamada abstracta. Antes de marchar  fixemos un mural imitando a obra  de Laxeiro titulada "Trasmundo", pero debuxando os personaxes que quixemos.

                                                                                         (Victor González)

Antes de ser pintor, Laxeiro foi barbeiro e facía moitos retratos dos seus clientes empregando so lapis ou carboncillo.
Laxeiro admiraba moito a Picasso e nalgúns cadros seguiu o seu exemplo.
Cando estaba fóra de Galicia, Laxeiro botaba de menos a súa aldea e por iso pintaba cadros de paisaxes e persoas da súa terra. como por exemplo no cadro "Carrotón dos nenos" que pintou cando estaba en Madrid.

                                                                                    (Pablo Fernández)

Ao rematar na Fundación Laxeiro paramos a merendar refuxiándonos da chuvia. Despois entramos no Centro Arqueolóxico SALINAE onde nos ensinaron algunhas das comidas e costumes dos romanos, xa que o que estabamos vendo eran unhas antigas salinas romanas que foron atopadas nunha rúa de Vigo.

                                                                                   (Laura Agulla)