martes, 29 de mayo de 2012

VISITA DO ILUSTRADOR ABRAHAM CARREIRO

Como remate da Semana Cultural 2012 o venres, 25 de maio, baixamos ao salón de actos do noso cole e alí nos esperaba o ilustrador ABRAHAM CARREIRO  (Iris, Ainara e Alexandra).

Tivemos que levar lapis, goma e unha libreta. Ao principio non sabiamos para que, logo resultou que tamén nos fixemos de ilustradores. Foi moi amable. (Ana e Teresa).

Primeiro ensinounos os seus debuxos e logo aprendeunos a facer unha galiña, un cabalo e un tiburón. Foi xenial. (Elisa, Andrea, Carla e Mario).

A min gustoume moito cando nos ensinou a debuxar con formas básicas. (Darío).

O que máis me gustou foi poder debuxar animais que parecían difíciles de facer. (Martín).

Gustoume unha cegoña que nos debuxou e díxonos que era unha das súas protagonistas. (Carlota).

Contounos que a cegoña viaxa polo mundo e o que atopa quédallo. Foi moi divertido e a min firmoume un autógrafo. (Agustín).

Tivemos unha gran experiencia e ademais ao rematar firmounos na nosa libreta e sacamos fotos con el. (Iria e Manuel).




lunes, 21 de mayo de 2012

XOGOS POPULARES

 Durante a celebración da XXV SEMANA CULTURAL , o pasado 15 de maio, estivemos aprendendo os xogos dos nosos maiores, contando coa axuda da Asociación Cultural de Sanamedio. Xogamos: áo trompo, á ra, á cachiza, aos zancos, ao aro, ao tiro de corda. Pasámolo moi ben e gustarianos repetir a experiencia. .

viernes, 18 de mayo de 2012

CORRELINGUA 2012

O luns, día 14, fomos a Moaña para participar no CORRELINGUA 2012.
Nada máis saír do autobús , atopámonos cunha moi grata sorpresa : o profe Jaime, que foi o noso profe de Educación Física ate este curso e que agora está no colexio de Reibón.
Depois de saudarnos con moito agarimo, levounos a coñecer as instalacións deportivas do seu novo cole.

Quedamos abraiados! Eran chulísimas!.

Logo iniciamos o desfile xunto con centos de nenos/as doutros coles ata chegar a unha gran explanada, na que,  despois de merendar, cantamos e bailamos ao son do grupo PESDELÁN.
Ao rematar a actuación collemos de novo o autobús para volver ao cole.

FOI  XENIAL !   PASÁMOLO EN GRANDE !