lunes, 23 de junio de 2014

OS CONTOS DOS CADROS



Durante o mes de xuño o alumnado de cuarto estivo expoñendo aos compañeiros e compañeiras de todo o cole uns contos que fixemos e que recollemos nun libro que se titula:

             OS CONTOS DOS CADROS.

Para facer estes contos primeiro buscamos nos libros da biblioteca un cadro  que nos gustase ou que nos suxerise algo. Observando atentamente a pintura e preguntándonos os motivos do tema, das cores,... inventamos estas historias

domingo, 22 de junio de 2014

OBRADOIRO NO 2º CICLO

Onte, o dia 19 de xuño, os nenos e nenas do 2º ciclo tivemos un obradoiro de PINTURA. A nai do noso compañeiro Carlos, ANA PATIÑO, foi a nosa monitora. Fixemos cadros con plantillas, revistas e incluso cos lapis. Despois os coloreamos e puxémolos a secar .E o profe Manolo limpou o chan cando caiu un bote.
Ese día pareceunos moi bonito!!! Esperamos repetilo o ano que ben.
(Laura Agulla e Carmen Comedeiro)

miércoles, 18 de junio de 2014

A EXCURSIÓN DE FIN DE CURSO

A primeira parada foi na praia de Camposancos na Guarda.
Alí estábanos esperando Agustín , un membro da Asociación Naturista Baixo-Miño (ANABAM) , que foi o noso guía.
Camiñamos tras el por un bosque de piñeiros ata chegar a un enorme eucalipto chamado "o avó" , que era tan groso que para abrazar ó seu tronco necesitamos a seis de nós.
Dalí fomos ata o arenal e observamos de cerca como o río Miño desemboca no mar, formando unhas fortes correntes de agua moi perigosas.
Logo estudamos as distintas clases de plantas que había (cardo, alelí da praia, leiterana, feo da praia )  E tamén recollimos cunchas e as clasificamos en gasterópodos e bivalvos.
Todas estas experiencias as fomos anotando nun caderno didáctico que nos regalou o noso guía Agustín ao comezo deste obradoiro.
Despois de comer , fomos ao monte Santa Trega , onde nos esperaba outro guía , Leo .Con el visitamos unha pequena parte do antigo castro ,o Vía Crucis , a capela de Santa Trega e o Museo. Con el aprendemos cousas moi interesantes.
Ao rematar este obradoiro , e antes de baixar do monte , compramos moitas cousas nas tendas de recordos.
Finalizamos a excursión en Baiona . Alí merendamos moi cerca de onde está atracada a réplica da carabela A Pinta.
 ¡Pasamolo moi ben!

Redactores : Raquel , Diego , José , Fernando , Ramón , Zulema e Lucía P.

viernes, 6 de junio de 2014

A SEGUNDA PARTE DE CINCENTA.

Hoxe estivo no noso colexio o grupo de teatro da FUNDACIÓN XOÁN XXIII de Cangas.
Representaron unha obra na que Cincenta non quería ser un personaxe de conto, quería ser unha muller libre.

"Foi unha obra moi fermosa porque me transmitiu unha realidade
agradable." (Gisela).
"Gustoume moito porque era moi divertido e fíxome rir". (Alba)
"O que me resultou máis gracioso foi a cantante que aparecía ao principio" (Aridane)
"A música representaba un papel importante nesta obra acompañando os sentimentos da protagonista"(Víctor)
"O vestiario era moi bonito" (PabloSoage)
"O baile final resultou gracioso, divertido e elegante" (Iris)

Moitas grazas por vir ao noso cole e noraboa porque o facedes moi ben.
Encantounos¡¡¡






jueves, 29 de mayo de 2014

O ILUSTRADOR LUÍS DAVILA NO COLE

A visita de Luís Davila pareceume xenial , porque fai uns debuxos extraordinarios. Botamos moitas risadas cos seus debuxos e incluso debuxounos o escudo do Celta.
Espero que volva pronto polo noso colexio.
Raquel Martínez Badea

Empezou mostrándonos como debuxar caras con variedade de expresións : de alegría , de enfado , de medo , de sorpresa ...
Nós tamén debuxamos nos nosos folios.
José Martínez Estévez

Foi unha pasada. Debuxa xenial. Ten unha destreza coas mans que me deixou impresionada.
Ademais foi moi amable deixándonos elexir a nós os debuxos.
Eva Álvarez Martínez





  

jueves, 22 de mayo de 2014

XOGOS POPULARES

  Hoxe , grazas á cortesía da   ASOCIACIÓN CORREDOIRAS , puidemos disfrutar, na última sesión , dos xogos tradicionais que nos deixaron na entrada do Colexio.

   A relación de xogos é a seguinte :


Cruz de espigos
Argollas no tallo
Mourón de cinco espigos
Tragabólas
Leiteira e caldeiro
Bóla colgada
Xogo da campá
Bolos con rampla
Tres ras
Barra inclinada 

 

miércoles, 21 de mayo de 2014

ACHEGAMENTO Á MÚSICA TRADICIONAL

Hoxe recibimos a visita de parte dos compoñentes da Agrupación de Música Tradicional Galega  MANXADOIRA , entre os que se atopaba a nosa compañeira Lucía Pretel.
A actuación e a charla foron moi interesantes e divertidas.

sábado, 17 de mayo de 2014

UN XORNALISTA NO NOSO COLEXIO

Onte xoves 15 veu Marcos Gago ao colexio . Marcos Gago estudou xornalismo en Santiago.Empezou  a traballar en La Voz de Galicia no 1995 e cubre as noticias dos pobos da Ría de Pontevedra. Coñece a moitos  famosos, entre eles  Javier Solana que veranea en Cela.
Repartiunos un xornal a cada un e foinos ensinando as seccións: local, Galicia, internacional, España, deporte, sociedade, economía, cartas ao director,...
La Voz de Galicia edita un suplemento especial e distinto en cada unha das sete cidades de Galicia onde publica as novas de cada unha desas cidades e das poboacións  próximas.
Falounos tamén de que hoxe en día  o acceso as  noticia e moi inmediata grazas ao emprego das novas tecnoloxías. A el, para facer o seu traballo, a empresa dalle un iPhone.
Explicounos como entrar no periódico dixital de La Voz de Galicia.
Fixémoslle preguntas e contounos moitas anécdotas, pero a que máis nos gustou foi cando tivo que dar a noticia de que habia unha balea no porto de Marín.
Foi unha charla moi interesante.


 .

miércoles, 14 de mayo de 2014

lunes, 12 de mayo de 2014

SEMANA DAS LETRAS

Comezamos a semana das Letras. Este ano o autor homenaxeado é o poeta Díaz Castro. Mañá realizaremos o primeiro dos actos da Semana Cultural de Beluso, participando no CORRELINGUA do Morrazo.
Na aula de cuarto  este ano preparamos as nosas camisetas con adxectivos da lingua galega.

sábado, 10 de mayo de 2014

PREPARÁNDONOS PARA A CORRELINGUA 2014

O martes , día trece deste mes de maio , imos celebrar en Bueu o CORRELINGUA 2014.
Para a ocasión fixemos unhas chapas  e pintamos as nosas camisetas con palabras en galego.

martes, 29 de abril de 2014

APADRIÑAMENTOS

Hoxe fixemos os apadriñamentos na hora de ler. 
Ao noso ciclo tocounos ler contos aos máis pequenos/as do Colexio.
Foi unha actividade emocionante e divertida.


miércoles, 23 de abril de 2014

DÍA DO LIBRO: POESÍA NA BIBLIOTECA



O escritor Antonio García Teijeiro
visitounos neste 23 de abril,
  DÍA DO LIBRO 2014.

Gustounos moito porque é moi simpático,
divertido, cariñoso e amable.



Díxonos que para facer poemas o
primeiro paso que temos que dar é
LER.

Recitamos, cantamos e entre todos e todas compuxemos un POEMA.

Grazas Antonio, ata outra. 

jueves, 10 de abril de 2014

VISITA DE ANXO MOURE

      Hoxe recibimos  no Cole a visita de  Anxo Moure  que nos veu contar a historia de "A  Xacia Luviñas" , ademais de facer de mago e cantarnos unha canción.
Zulema Pereira.

      Anxo  Moure  pareceume moi boa persoa e moi gracioso . Tocounos a pandeireta  , disfrazou  a algúns dos nosos compañeiros/as , cantounos unha canción , ensinounos nomes de lugares e falounos de protexer a natureza.
       Na tanda de preguntas contounos que ten cincuenta anos e que leva vinte e cinco de contacontos.
       Ao final despedímonos con amor.
Raquel Martínez.

        Eva fixo de serea ; Lucía Camaño, de mariñeira ; Fernando, de chef ; Raúl , de lobo ; Zulema , de pescadora e Laura ,  de telefonista.
Sara Durán.


domingo, 23 de marzo de 2014

FACENDO AMIG@S

O pasado día 21 de marzo celebramos o DÍA DA POESÍA recitándo poemas de ANTONIO GARCÍA TEIJEIRO nas aulas de educación infantil (tres e catro anos).
Dividimos a nosa clase en dous grupos e coa compañía dalgúns instrumentos musicais como: xilófono,triángulo, caixa china, frauta,... fixemos un pequeno recital.
Pasamos un rato agradable e os nenos e nenas de infantil invitáronos a volver sempre que queiramos.
(Se ve que lles gustou).
Grazas amiguiñ@s, habemos voltar!

martes, 11 de marzo de 2014

CONTACONTOS DE KALANDRAKA

 O 10 de marzo veu á nosa biblioteca o ilustrador dos libros de Kalandraka Marc Taeger , que nos fixo uns debuxos moi bonitos mentres Olalla González contábanos uns contos , despois de sacar cousas dos petos do abrigo da señora Loreto.
Ramón Patiño.

 Un dos contos que nos contou Olalla falaba dun neno chamado Anthony que se meteu por un bosque escuro para levarlle a súa avoa un pastel e alí atopouse cuns nenos un pouco raros.
 Outro conto falaba dun león que quería un melón, dunha pantera que  quería unha pera e dunha galiña que quería unha piña e foron a froitería onde se atoparon cun elefante.
Fernando Menduiña.

 O conto de Kalandraka, "O elefante comellón" chegará á nosa biblioteca nun mes. Os que nos avisaron contáronos o resumo deste conto e doutros máis.
José Martínez.

 A actividade foi moi interesante e pasámolo moi ben.
Raquel Martínez.

viernes, 7 de marzo de 2014

DÍA DA MULLER TRABALLADORA.

Mañá, día 8 de marzo, é o día da MULLER TRABALLADORA, por iso hoxe fixemos unha ficha sobre MULLERES PINTORAS. Baixamos á biblioteca a buscar toda a información sobre as pintoras que estaban nunha pequeña exposición. Con este traballo poidemos comprobar que tamén hai moitas mulleres pintoras: Maruja Mallo, Menchu Lamas, Mª Antonia Dans, Rosa Elvira Caamaño, Georgia O´Keeffe, Frida Kahlo... Pareceunos moi interesante porque era como una gin-kana, buscando respostas.
iv>

domingo, 2 de marzo de 2014

ENTROIDO 2014 II

Letra da nosa canción :

SALVADOR  DAQUÍ

No entroido deste ano
vestímonos de gaiteiros.
Gústanos moito a troula
xa que somos uns festeiros.

        Retrouso :


-De que ides rapaces?
-De Salvador DAQUÍ
-E por que ides deso?
-Pois non somos DALÍ.
Pois non somos DALÍ.
Pois non somos DALÍ.
-De que ides rapaces?
-De Salvador DAQUÍ.

Traballamos sobre os lienzos
coma xeniais pintores.
Usamos ideas novas
e aplicamos moitas cores.

         Retrouso

Queremos pintar os muros
do Colexio Montemogos.
Se nos mandan a  pintura
botaremos ata fogos.

        Retrouso

A nosa obra maestra
fixémola en acuarela.
Por culpa de tanta chuvia
xa non queda nada dela.

        Retrouso 





Música : A CAROLINA







sábado, 1 de marzo de 2014

ENTROIDO 2014

O venres día 28 , despois de varios días traballando na confección dos traxes e da pancarta ,por fin chegou A FESTA DO ENTROIDO NO COLE.

ESCOLMA DE FOTOS :


miércoles, 26 de febrero de 2014

VISITA DE ANXO ANGUEIRA

Onte, 25de febreiro, veu Anxo Angueira  ao noso colexio (CEIP MONTEMOGOS).
Anxo Angueira  é o presidente da fundación Rosalía de Castro, é escritor e profesor na Universidade de Vigo.
Recitounos poemas de Rosalía de Castro: "Negra Sombra", "Alborada" ,"A costureira e a Santa","Adios ríos, adiós fontes"...

Falounos sobre a vida de Rosalía, e díxonos que:
  • A nai de Rosalía mandouna a estudar a Santiago e a Madrid para que tivese a mesma formación cos nenos da súa época.
  • Rosalía nunca tivo casa propia sempre viviu en casas de aluguer .
  • Rosalía tivo sete fillos pero iso non lle impelliu seguir estudando e escribindo  toda a sua vida.
  • Rosalía defendia  nos  seus poemas  á xente  pobre.
Anxo Angueira tamén nos dixo que lle gustáría moito que visitásemos a casa-museo de Rosalía en Padrón, porque esa casa é de todos os galegos e galegas.

Resultounos moi interesante a visita de Anxo Angueira.

sábado, 1 de febrero de 2014

SAÍDA A PONTEVEDRA (31.01.2014)

    Nada máis chegar a Pontevedra fomos ao Centro Cultural Fundación Novacaixagalicia , máis coñecido como Café Moderno , para realizar unha visita obradoiro chamada "Da fantasía a realidade".
    Alí , un monitor mostrounos cadros de paisaxes , de retratos e de escenas típicas galegas , feitos por pintores galegos entre 1833 e 1936.
    A continuación , fixemos un obradoiro de pintura repartíndonos en grupos.
    Logo , unha monitora contounos un pouco da historia de este coñecido edificio.
    Para rematar a saída , e despois de merendar , cruzamos a rúa e fomos ao Centro Social Novacaixagalicia para disfrutar da obra musical : " Sandra e Meirol en Xistralia".

                                                     PASÁMOLO XENIAL ! 



viernes, 31 de enero de 2014

Dia da paz

Hoxe  30 de xaneiro  de 2014 celebramos o DÍA DA PAZ. Tivemos que aprender a canción ACUARELA do compositor brasileño Toquinho .Todo o cole fixo un debuxo desa canción.
Este ano estivo dedicado a NELSON MANDELA . Fomos ao salón de actos  e os nenos/as de sexto fixeron unha presentación sobre o premio Nobel da Paz sudafricano. Despois todos xuntos cantamos Acuarela.Cantamos moi ben

Pablo Soage e Pablo Fernández

r: purple;">

viernes, 24 de enero de 2014

PONLLE AS PILAS AO TEU BOCATA

O xoves 23 de xaneiro, antes do recreo fomos  facer un bocata. Podíamos facelo de: atún, mexillón, sardiñas, cenoria, tomate, olivas, queixo e leituga. Eu collino de atún, mexillón, sardiñas e olivas. Despois nos deron un papel de receitas, unha bolsa para os bocatas e unha servilleta. Sentamos mentras os outros facían o seu bocata. Había unhas mozas que nos preguntaban o que queríamos poñerlle.

Ao volver do recreo fomos con quinto e sexto  ao Salón de Actos, e unha das monitoras díxonos que fixeramos dous grupos: un A Centola e outro Azules. Era un concurso. Quedamos 6 a 6.

A continuación dividímonos en catro grupos para facer outro xogo. Acasbaron gañando os de quinto.

Por último, regaláronos unha gorra branca.

Esta actividade contaba coa colaboración de ANFACO (Asociación de fabricantes de conservas) e da Xunta de Galicia.

Pareceume moi interesante. Paseino moi ben nos xogos e ...
            
        O BOCATA ESTABA BOÍSIMO!!!!!

                                       Carmen  Comedeiro

sábado, 11 de enero de 2014

BAILANDO NO FESTIVAL DE NADAL

Os nenos e as nenas de cuarto este curso participamos no festival de Nadal, que se celebra no noso cole, bailando un tema de One Direction "What makes you beautiful".
PASÁMOLO MOI BEN!!