domingo, 26 de diciembre de 2010

TARDE DE INVERNO

As profes da bilblioteca viñeron pola nosa clase a lernos poesías. A nós gustounos escoitalas e  tamén  participar nalgunha delas. Hai veces que nos apetece escribir algo con rima e saennos poemiñas coma este:
                      
            TARDE  DE  INVERNO

                 Era unha tarde fría
                 cando vin de ver a ría.                             

(Patricia  Tattoni)
                Voltei para a casa
                 a poñer a brasa,
                 e entrar en calor
                 para coller un pouco de cor.

                Tomei un prato de sopa
                e senteime no sofá
                a descansar co meu papá.
                                            
                                  (Óscar)


viernes, 3 de diciembre de 2010

VALLE-INCLÁN DE ROSA CHICLE

O pasado día 18 de novembro a estatua de don Ramón María del Valle-Inclán, na cidade de Pontevedra, apareceu pintada de cor rosa . Ao ver esta noticia no xornal, comezamos a preguntarnos quen poido ser o autor ou autores de semellante feito. E..pensando, pensando... comezamos  a imaxinar:

  • "Eu como son unha xornalista moi intelixente descubrín que deixaran uns botes de pintura rosa esquecidos debaixo dun banco da Alameda. Unha nena atopou os botes e pintou a Valle-Inclán porque pensou que estaría moi bonito e moi gracioso"          (ZAIRA)

  • "A pasada semana chegou a Galicia, para pasar uns días, a PANTERA ROSA. Aloxouse nun hotel da cidade de Pontevedra, situado preto da estatua de Valle-Inclán. Pasou unha tarde enteira observando a escultura. E, como todos sabedes, á famosa pantera gústalle ver todo de cor rosa. Esperou a que se fixese  noite, e cando non había vixiancia, colleu un bote de spray rosa e dez chicles brancos e pintou a estatua facendo un bo traballo. Ao día seguinte colleu o primeiro avión da mañá e voltou a Francia toda contenta. "                     (ISAAC)

  • "O que pasou foi que de madrugada uns flamencos atacaron a estatua. Algúns pensan que o fixeron a posta e outros que unha das aves espirrou e  a saliva   aterrou na estatua. E por arte de maxia FLASH!!! a estatua de  cor  gris verdoso  converteuse nunha alegre estatua  de cor rosa chicle."              (LUCÍA)      

martes, 9 de noviembre de 2010

ASUN ESTÉVEZ DE BICOS DE SOL

Asun é unha escritora de Bueu. Empezou a escribir dende moi pequena.Veu ao noso cole para falar dos seus libros e para contarnos porque fixo Bicos de sol.


Explicounos que ela tivo cancro de mama e por iso escribiu o libro que narra a experiencia dunha nai que lle explica a súa filla como é esta enfermidade.


Uns nenos e nenas de quinto e sexto léronos o conto. Despois Asun Estévez recitou algúns poemas dun libro novo que vai presentar en Bueu.


Fixémoslle preguntas importantes sobre o cancro. Ela dixonos que o pasara moi mal, pero agora está moi contenta.

Asun  é moi simpática e moi boa.












Para saber máis podes ver este vídeo sobre un poema de Asun Estévez

jueves, 4 de noviembre de 2010

O MAGOSTO

Xa chega San Martiño: "trompos ao camiño". Temos que preparar as castañas, o pico e os carozos porque o vindeiro día 12 de novembro imos celebrar o MAGOSTO.

O SAMAÍN

A pasada semana celebramos o Samaín no noso cole.Empezamos por traer da casa unhas terroríficas e simpáticas cabazas.
Os compañeiros e compañeiras de cuarto quinto e sexto viñeron á nosa clase para lernos contos  de terror.
Pero o mellor día de todos foi o venres. Cando iamos empezar as clases, escoitamos unha música moi misteriosa, parecía que había espíritos polo corredor.




Visitounos a Santa Compaña. Que frio daba!
Ao volver do recreo fomos á biblioteca. Estaba chea de pantasmas, bruxas e tearañas. Vimos un power point dos nenos e nenas de segundo.Explicaban a festa do samaín en galego e en inglés.Unha nena do terceiro ciclo contounos un conto escrito por ela e para rematar cantamos e bailamos a canción dos esqueletos.
PASÁMOLO DE MEDO!