VALLE-INCLÁN DE ROSA CHICLE
O pasado día 18 de novembro a estatua de don Ramón María del Valle-Inclán, na cidade de Pontevedra, apareceu pintada de cor rosa . Ao ver esta noticia no xornal, comezamos a preguntarnos quen poido ser o autor ou autores de semellante feito. E..pensando, pensando... comezamos a imaxinar:
- "Eu como son unha xornalista moi intelixente descubrín que deixaran uns botes de pintura rosa esquecidos debaixo dun banco da Alameda. Unha nena atopou os botes e pintou a Valle-Inclán porque pensou que estaría moi bonito e moi gracioso" (ZAIRA)
- "A pasada semana chegou a Galicia, para pasar uns días, a PANTERA ROSA. Aloxouse nun hotel da cidade de Pontevedra, situado preto da estatua de Valle-Inclán. Pasou unha tarde enteira observando a escultura. E, como todos sabedes, á famosa pantera gústalle ver todo de cor rosa. Esperou a que se fixese noite, e cando non había vixiancia, colleu un bote de spray rosa e dez chicles brancos e pintou a estatua facendo un bo traballo. Ao día seguinte colleu o primeiro avión da mañá e voltou a Francia toda contenta. " (ISAAC)
- "O que pasou foi que de madrugada uns flamencos atacaron a estatua. Algúns pensan que o fixeron a posta e outros que unha das aves espirrou e a saliva aterrou na estatua. E por arte de maxia FLASH!!! a estatua de cor gris verdoso converteuse nunha alegre estatua de cor rosa chicle." (LUCÍA)
No hay comentarios:
Publicar un comentario