martes, 31 de diciembre de 2013

jueves, 12 de diciembre de 2013

POSTAIS DE NADAL

   Hoxe por fin rematamos as postais de Nadal. Témolas expostas na clase ata o día 20, en que escomezan as vacacións. Ese día ímolas recoller para felicitar as festas á nosa familia.


miércoles, 4 de diciembre de 2013

VISITA DO PINTOR "JOSÉ MARÍA BARREIRO"

  Onte foi un día moi importante no noso Colexio, porque visitounos o pintor JOSÉ MARÍA BARREIRO.
Antes de baixar ao salón eu preguntábame : Ensinaranos técnicas para debuxar mellor?
  Pois, Barreiro mostrounos uns cadros feitos por el e despois pintou un diante de nós.
Para rematar fixémoslle preguntas.
Zulema Pereira

BARREIRO  falounos de como se sente coa pintura. Para el o importante é crear. Colle a pintura figurativa e dalle un toque de creatividade. Gústalle que os cadros teñan moita forza, por eso dominan neles  cores luminosas : azuis, amarelos, vermellos ...
  Ten moitos cadros con músicos, sobre todo tocando a guitarra e o acordeón, porque lle encantan esos instrumentos.
  Debuxou diante de nós un cadro. Primeiro trazou con ceras a figura dun músico. Logo empezou a repasar e por último coloreou. Díxonos que é moi importante o fondo do cadro mesturando cores. Ao final o cadro resultou precioso.
Raquel Martínez

  Primeiro contounos algo da súa vida. Que aínda que naceu en Forcarei, e viaxou por case todo o mundo, agora vive en Cela. Que empezou a pintar aos oito anos. Que os temas que máis lle gustan son os músicos, os circos e as paisaxes. Que coñeceu a outros pintores famosos como : PICASSO, LUGRÍS, LAXEIRO, LUÍS SEOANE ...
  A continuación ensinounos algúns dos seus cadros. Uns por ordenador e outros de verdade.
Logo pintounos un cadro. Na metade esquerda pintou de forma figurativa un gaiteiro e na metade dereita, ese mesmo gaiteiro pero de forma abstracta, para que nos decatáramos da diferenza.
  A min o cadro que máis me gustou foi "As vistas da Illa de Ons".
Ramón Patiño


jueves, 28 de noviembre de 2013

miércoles, 27 de noviembre de 2013

PINTORES DO NOSO ENTORNO:BARREIRO.


Hoxe baixamos  a BIBLIOTECA a falar dun pintor galego chamado XOSÉ MARÍA BARREIRO  
Barreiro  naceu  en  Forcarei (Pontevedra)  pero  agora  vive na parroquia  de Cela.
Ten  73 anos
Un grupo de nenos e nenas de cuarto curso: Carlos,Aridane,Alba,Iris e Iago fixemos unha presentación de Power Point sobre a vida e a obra de Barreiro.
Primero viñeron as aulas de quinto, sexto e terceiro, logo viñeron as de infantil e primeiro ciclo.

O vindeiro  día  3  de  decembro de 2.013 ven Xosé Mª Barreiro ao C.E.I.P. MONTEMOGOS e por iso nós estamos estudiando este autor. Cada trimestre imos traballar algún pintor ou pintora do noso entorno.

 A presentación saiunos moi ben aínda que tivemos un pouco de vergoña sobre todo eu, Alba. Tamén tivemos moitos   nervios cos cursos dos maiores pero cos pequenos non. Aos maiores líamoslle  rápido e aos pequenos  amodo.

                                              Alba, Aridane e Carlos




&

martes, 26 de noviembre de 2013

DÍA DA NON VIOLENCIA CONTRA AS MULLERES

Hoxe, para celebrar o DÍA DA NON VIOLENCIA CONTRA AS MULLERES, baixamos na hora de ler á Biblioteca. Alí uns nenos de 5º e 6º contáronnos o conto "ARTURO E CLEMENTINA".
Eva Álvarez e Lucía Pretel.

O conto trata de dúas tartarugas, Arturo e Clementina, que un día coñecéronse e namoráronse. Ao pouco da boda Clementina sentíase soa e aburrida, porque cada vez que lle dicía a Arturo que quería facer algo máis que estar na casa, como tocar un instrumento, pintar flores ... ,el lle dicía que non servia para nada e que era parva. A cambio lle compraba moitos regalos que non a divertían.
Ata que un día farta e cansada desta situación, abandou a casa e non volveu nunca máis.
Lucía Camaño, José Martínez e Fernando Menduiña.

A min o conto pareceume precioso e creo que entre homes e mulleres ten que haber igualdade.
Raquel Martínez

Nós pensamos que este día está moi ben. As mulleres hai que respectalas.
Ramón Patiño e Raúl Piñeiro

Non hai que maltratar ás mulleres, senón tratalas con respecto.
Diego Martínez e Kevin Reiriz 






jueves, 14 de noviembre de 2013

MAGOSTO 2013

O luns día 12 celebramos o MAGOSTO no CEIP Montemogos.
Baixamos ao patio na hora do recreo e alí comemos as castañas asadas todos os nenos e nenas do cole xuntos. Despois separámonos: os de Primaria para un patio e os de Infantil para outro e fixemos XOGOS POPULARES.
Guiados por persoas da Asociación Corredoira de Bueu xogamos:
A mariquitilla.                                  
A corda
O aro
Os zancos
A ra
A chave
As bolas
O trompo                       
 Foi moi chulo e cando acabamos subimos correndo á clase para coller a mochila.

                                                                   (Pablo Soage)

jueves, 7 de noviembre de 2013

A SEMANA DA CIENCIA NO NOSO COLEXIO

Onte, o 6 novembro , baixamos á BIBLIOTECA a observar por uns microscopios. Vimos: unha pata de mosca, epidermis dunha cebola en 20 aumentos e 100 aumentos e por último  a cortiza dun piñeiro.  Tamén observamos o funcionamento dun timbre.
Hoxe, o día 7 de novembro de 2.013, volvemos  baixar para ver un experimento do aparello respiratorio, que o fixeron os neno/as de 6º, tamén nos explicaron o arco de cores de Isaac Newtoon.
 Gustounos moito e estivo moi interesante.
                                                                                                        ( Laura e Iago)

lunes, 4 de noviembre de 2013

AS AVENTURAS DE LAXEIRO

  Durante varios días, na HORA DE LER, os nenos e nenas de cuarto fomos á aula de primeiro a  lerlles un cómic titulado "As aventuras de Laxeiro" . É un libro que fala deste famoso pintor galego.Como non cabiamos todos nunha clase repartímonos nas dúas aulas. Contámoslles onde naceu Laxeiro; que facia cando vivia en Lalin e chamábanlle o barbeiro pintor; que estivo en  Bos Aires, que  pintou un cadro moi famoso que  se chama "Trasmundo" . Tamén viviu en Cuba e tiña un amigo que se chamaba o Kid Chocolate que era campión de boxeo.
Cando rematabamos de ler  diciámoslle se querian pintar algunha páxina porque o libro, que nos regalaran nunha exposición en Vigo, podíase colorear.
Nós cremos que lles gustou moito.
Foi moi interesante e gustaríanos repetir noutra ocasión.

                                                                        Iris e Gisela.



miércoles, 30 de octubre de 2013

SAMAÍN

Hoxe celebramos a festa do Samaín no Colexio. Nós, o alumnado de 3º de Primaria, representamos na biblioteca a obra "Corre corre, Cabaciña", primeiro para os maiores e despois para os máis pequenos. A continuación, os nenos e nenas de 4º, todos disfrazados, nos cantaron uns "chants" en inglés. Para rematar, o alumnado do 3º ciclo, todos debidamente disfrazados para a ocasión, escenificaron no salón do Colexio unha obra moi apropiada para a data de hoxe. Acabaron desfilando polos corredores.

A ORIXE DA FESTA

  A noite do 31 de outubro ao 1 de novembro, os pobos celtas celebraban o final da tempada de colleitas, que tamén era considerada como a última noite do ano, antes do comezo da estación escura. E dedicábanlla ao deus Samaín.
Eles pensaban que, esa noite, podían comunicarse cos seus antepasados. Por iso acendían fogueiras para guialos ata os seus antigos fogares. Co tempo, esas fogueiras foron substituídas por cabazas imitando caveiras que se baleiraban e nas que se acendía unha candea. 


 

viernes, 25 de octubre de 2013

VISITA DE FINA CASALDERREY

                            O pasado mércores recibimos a visita no noso Cole da escritora galega Fina Casalderrey. Xuntámonos todo o alumnado de Primaria na Biblioteca e alí contounos algunhas cousas da súa vida e sobre todo do seu amor pola lectura.

                             Ademais de escritora foi mestra durante corenta anos. Agora está xubilada desde o ano 2011. Hai un colexio de infantil que leva o seu nome.

                             Empezou  a escribir primeiro obras de teatro para os seus alumnos. Agora leva arredor de cincuenta libros publicados sobre todo para xóvenes e nenos.

                             Contounos  que se fixo escritora grazas a nós, porque lemos, e que é moi importante ler.

                                      A CHARLA FOI MOI INTERESANTE E DIVERTIDA.

                                                   Eva, Ramón, Raquel e Sara  (3º Primaria)




viernes, 18 de octubre de 2013

UNHA EXCURSIÓN FANTÁSTICA

O pasado día 16 de outubro os nenos e neas de 3º e 4º de primaria, fomos a Vigo a visitar a FUNDACIÖN LAXEIRO. Os cadros eran impresionantes, todos alucinamos. Algunhas obras estaban feitas por unha forma de pintar chamada abstracta. Antes de marchar  fixemos un mural imitando a obra  de Laxeiro titulada "Trasmundo", pero debuxando os personaxes que quixemos.

                                                                                         (Victor González)

Antes de ser pintor, Laxeiro foi barbeiro e facía moitos retratos dos seus clientes empregando so lapis ou carboncillo.
Laxeiro admiraba moito a Picasso e nalgúns cadros seguiu o seu exemplo.
Cando estaba fóra de Galicia, Laxeiro botaba de menos a súa aldea e por iso pintaba cadros de paisaxes e persoas da súa terra. como por exemplo no cadro "Carrotón dos nenos" que pintou cando estaba en Madrid.

                                                                                    (Pablo Fernández)

Ao rematar na Fundación Laxeiro paramos a merendar refuxiándonos da chuvia. Despois entramos no Centro Arqueolóxico SALINAE onde nos ensinaron algunhas das comidas e costumes dos romanos, xa que o que estabamos vendo eran unhas antigas salinas romanas que foron atopadas nunha rúa de Vigo.

                                                                                   (Laura Agulla)



domingo, 15 de septiembre de 2013

COMEZO DO CURSO 2013 - 2014

       Dámoslle a benvida ao noso blog TARANDEIRA ao novo
 alumnado de 3º de Primaria.

           Aí van as primeiras imáxenes do comezo do curso.



jueves, 20 de junio de 2013

OS DE 4º DESPÍDENSE

    Despídome deste marabilloso blog do que nunca me esquecerei, como tampouco esquecerei este curso porque o pasei fenomenal.
Carlota

    Xa non vou escribir máis neste blog porque cambio de ciclo, por iso quería despedirme. As excursións, as visitas e as actividades que contamos aquí foi unha actividade moi entretida, así como este curso.
Teresa

    Queridos lectores, hoxe despedímonos deste blog Tarandeira do segundo ciclo. Aquí escribimos cousas divertidas, interesantes : excursións, visitas..., en fin, parte do que fixemos durante todo o ciclo.
Andrea

    Xa están aquí as vacacións. Por unha parte estou feliz pero por outra, triste porque vou deixar de ver aos compañeiros e porque despídome da profe. Feliz verán.
Sofía

    Quérome despedir deste blog Tarandeira xa que pasamos para o terceiro ciclo. Grazas por darnos diversión, recordarnos as cousas que fixemos no Colexio, nas clases, na biblioteca ... Un bico.
Iris

    Queridos lectores e lectoras nós, Mario e Manuel, despedímonos deste blog Tarandeira do segundo ciclo de Primaria. Como sabemos que xa non imos escribir máis neste blog, despedímonos con moito cariño del e da nosa profe. Ata logo.
Manuel e Mario

    Vou botar moito de menos á nosa profe e tamén a este ciclo que se me fixo moi curto. Este blog pareceume do máis divertido, con comentarios, imaxes, chistes ... Feliz verán.
Iria

    Voume para 5º e antes quero despedirme deste ciclo e deste blog Tarandeira. Chao blog.
Agustín

    Eu tamén quero despedirme de Tarandeira. Adeus.
Alexandra



domingo, 16 de junio de 2013

OBRADOIRO DE PINTURA

    Ola, somos Teresa, Carlota e Iria.
Esta última semana fixemos unha exposición de cadros na entrada do Cole, porque asistimos a un obradoiro de pintura, e como nos divertimos e aprendimos tanto,  queriamos ensinarlles un pouco sobre esta actividade aos nosos compañeiros/as dando ademais unha charla a todos.
    Cremos que resultou moi divertida e amena. 

  

BUSCANDO AMORODOS

O mércores 12 xuño 2013 o alumnado de 3º  foi á Froiteria Ramona de Beluso a  buscar os amorodos para repartirlle a todo o colexio xa que estamos outra vez na  semana da froita .
Preguntámoslle á froiteira de onde viña a froita e díxonos que podía vir de distintos sitios: algunha ven de Murcia, de Huelva; as cereixas veñen do Val do Jerte (Extremadura), tamén había amorodos e cebolas de Portugal e quiwis de Nova Zelanda.
Levamos 8 caixas pequenas e 1 grande; despois volvemos ao colexio e lavamos ben os amorodos e repartímolos en froiteiros para levarllos a cada curso. Fomos en grupos de dous ou tres.
                                                      (Carlos e Victor)


jueves, 13 de junio de 2013

O PIOLLO E A PULGA

 Hoxe, na hora de ler, representamos na Biblioteca do Cole para os rapaces de infantil o conto  "O PIOLLO E A PULGA".
  Cremos que pasaron un bo rato.
   Alexandra,  Ana, Andrea, Carlota, Iria, Mario, Martín, Teresa e  Uxía.



martes, 28 de mayo de 2013

VISITA GUIADA A CABO UDRA

      O pasado luns, día 27 de maio, todo o alumnado e o profesorado do Colexio fixemos unha visita guiada a CABO UDRA acompañados por Proteción Civil de Bueu.
      Ao chegar a CHAN DE ESQUEIROS, despois dunha boa camiñada, estábanos esperando Miguel, que ía ser o noso guía e tamén dos alumnos de 5º e 6º.
(Ana, Iria e Sofía)

        Nada  máis  iniciar  a ruta, Miguel levounos  a ver  un  CHOZO,  antigo refuxio para pastores. Logo falounos das rochas de granito que forman parte do solo de UDRA e que se formaron a unha gran profundidade (decenas de quilómetros) hai máis de trescentos millóns de anos, pero que a erosión fixo que se achegaran á superficie.
       Tamén nos falou un pouco da fauna e da flora do lugar. Entre os animais destaca o LAGARTO ARNAL , que é o lagarto máis grande de Europa e que aquí é omnívoro e pode verse en grupo.Avistamos tamén GAIVOTAS PATIAMARELAS, CORVOS MARIÑOS, PATUXAS ...O máis destacado da flora son as TOXEIRAS (as máis abundantes),  as ORQUÍDEAS (moi pequeniñas), o TROBISCO (as súas follas son tóxicas) e os LOUREIROS (que son das poucas árbores que atopamos).
(Teresa, Elisa e Andrea)

        Ao chegar á AULA DA NATUREZA merendamos e descansamos. Cando rematamos, entramos  e un guía falounos de que esta aula foi inaugurada no outono de 2008, de que ten distintivo de Bandeira Azul, que a enerxía eléctrica obtense por paneis solares e un pequeno aeroxenerador e que antigamente eran pabellóns
militares. Tamén nos explicou o máis importante sobre a fauna e a flora deste lugar a través dos distintos paneis informativos que ten a sala.
(Mario, Manuel e Hugo)

         Ao rematar fomos de volta a CHAN DE ESQUEIROS. De camiño vimos uns cabalos soltos : un poni e un poldro. Ao chegar alí xogamos un pouco e logo iniciamos o camiño de volta ao Colexio.                               A SAÍDA FOI ESTUPENDA!
(Carla, Carlota e Clara)



domingo, 12 de mayo de 2013

                                              FESTA DO CORRELINGUA

 Prepararamos durante días as nosas camisetas de palabras bonitas. Este ano eran palabras relacionadas co mar. Fixemos unha pancarta co nome do noso cole, puxemos o pano vermello arredor do pescozo e marchamos a celebrar a  festa da lingua xunto con outros coles de todo o Morrazo. Eramos moitísim@s.
O alumnado de primaria fixo unha marcha  polas rúas de Bueu, mentras as clases de infantil participaban en obradoiros de xogos tradicionais.
Reencontrámonos na Praza Massó e alí, despois de merendar, houbo a actuación do mago Martín Camiña  e a do músico Luis Prego e o seu grupo que nos fixeron bailar a tod@s.
Disfrutámolo moito. 





lunes, 6 de mayo de 2013

PREPARÁNDONOS PARA O CORRELINGUA 2013

      
                       Rematadas as postais para o  DÍA  DA  NAI, xa temos                preparadas tamén as camisetas que lociremos este próximo
        venres, día 10, en Bueu no CORRELINGUA 2013.

                    Cada un de nós debuxou na súa camiseta unha palabra          relacionada co mar.

                               QUEDARON PRECIOSAS!




martes, 23 de abril de 2013

DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO

     Hoxe para festexar o DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO repetimos a experiencia do ano pasado, pois resultou moi positiva.
    
     Na hora de ler os nenos e nenas de 4º fixemos de novo de padriños  e  madriñas lectores  para o alumnado de 4º e 5º de Educación Infantil e de 1º e 2º de Educación Primaria.

      Pola súa banda os nenos e nenas de 3º recibiron na súa aula a visita de padriños e madriñas de 5º de Educación Primaria.

                       DE NOVO FOI TODO UN ÉXITO.



miércoles, 17 de abril de 2013

A semana da froita

        Dende o día 15 de abril estamos comendo froita na hora do recreo: o luns mazá, o martes plátano,  hoxe mércores AMORODO , o xoves pera e o venres macedonia. 
Hoxe tocounos aos nenos e nenas de terceiro  repartir a froita. Fomos ao comerdor e alí lavamos ben  os amorodos e despois botámolos no froiteiro de cada curso e fomos polas clases a levarllos.
 Comemos moitos amorodos, tocounos 3  por  persooa e a profesora deixounos comer mais se queriamos.
Esta campaña de comer e repartir a froita empezámola no mes de marzo e seguimos en abril, maio e xuño, pero só é unha semana ao mes.
            A froita está boísima sobre todo os amorodos.  Espero que nos toquen moitos amorodos máis e que non deixen de dar froita porque esta moi boa .
           
           (GISELA E IRIS)

         



         




           


        
                 

miércoles, 10 de abril de 2013

A BOTELLA CON MENSAXE


Hoxe estamos moi contentas porque encontraron a botella coas mensaxes que botamos ao mar o DÍA DA PAZ.  O señor que a encontrou  chámase Pablo. A súa cadela foi a que encontrou a mensaxe escavando na area.
Atoparona na praia de Area Maior ou praia da Lagoa de Montelouro,  que  está entre   San Francisco e Ancoradoiro, no concello de Muros (A Coruña)
 botella estaba situada sobre uns 30 metros da beira,  entre as dunas, nunha pequena   depresion producida por as mareas tan fortes que estan chegando. 
Segundo nos conta Pablo, nun correo electrónico que enviou ao cole, entrara un pouquiño de auga na botella, pero aínda se podían ler as mensaxes que escribimos no mes de xaneiro.
                       Grazas a Pablo e a súa cadela por dar conta da nosa botella mensaxeira.
                                                    (ALBA E CARMEN)



lunes, 25 de marzo de 2013

O COELLIÑO BRANCO

Na aula de terceiro dividímosnos en dous grupos para facer cadansúa representación dun dos contos máis populares da EDITORIAL KALANDRAKA:
                       "O COLELLIÑO BRANCO".
Despois de ensaialo durante varios días por fin fomos á biblioteca para presentarlles o conto aos compañeiros e compañeiras das outras clases, dende 4º de E. Infantil ata 6º de E. Primaria.
 
Foi unha experiencia moi emocionante.



jueves, 21 de marzo de 2013

O HOME CARBALLO

Para celebrar con nós o DÍA DA POESÍA e o DÍA DA ÁRBORE, hoxe recibimos na bilblioteca do colexio a ANXO MOURE,  o autor de "O carballo con botas".
Contounos que el era o home-carballo e dun xeito participativo e ameno conseguiu contaxiarnos de forma  moi poética o seu amor pola Natureza.

                 Moitas grazas Anxo. Grazas tamén ao pequeno Teixo.
                 
                 Disfrutamos moito.