martes, 28 de mayo de 2013

VISITA GUIADA A CABO UDRA

      O pasado luns, día 27 de maio, todo o alumnado e o profesorado do Colexio fixemos unha visita guiada a CABO UDRA acompañados por Proteción Civil de Bueu.
      Ao chegar a CHAN DE ESQUEIROS, despois dunha boa camiñada, estábanos esperando Miguel, que ía ser o noso guía e tamén dos alumnos de 5º e 6º.
(Ana, Iria e Sofía)

        Nada  máis  iniciar  a ruta, Miguel levounos  a ver  un  CHOZO,  antigo refuxio para pastores. Logo falounos das rochas de granito que forman parte do solo de UDRA e que se formaron a unha gran profundidade (decenas de quilómetros) hai máis de trescentos millóns de anos, pero que a erosión fixo que se achegaran á superficie.
       Tamén nos falou un pouco da fauna e da flora do lugar. Entre os animais destaca o LAGARTO ARNAL , que é o lagarto máis grande de Europa e que aquí é omnívoro e pode verse en grupo.Avistamos tamén GAIVOTAS PATIAMARELAS, CORVOS MARIÑOS, PATUXAS ...O máis destacado da flora son as TOXEIRAS (as máis abundantes),  as ORQUÍDEAS (moi pequeniñas), o TROBISCO (as súas follas son tóxicas) e os LOUREIROS (que son das poucas árbores que atopamos).
(Teresa, Elisa e Andrea)

        Ao chegar á AULA DA NATUREZA merendamos e descansamos. Cando rematamos, entramos  e un guía falounos de que esta aula foi inaugurada no outono de 2008, de que ten distintivo de Bandeira Azul, que a enerxía eléctrica obtense por paneis solares e un pequeno aeroxenerador e que antigamente eran pabellóns
militares. Tamén nos explicou o máis importante sobre a fauna e a flora deste lugar a través dos distintos paneis informativos que ten a sala.
(Mario, Manuel e Hugo)

         Ao rematar fomos de volta a CHAN DE ESQUEIROS. De camiño vimos uns cabalos soltos : un poni e un poldro. Ao chegar alí xogamos un pouco e logo iniciamos o camiño de volta ao Colexio.                               A SAÍDA FOI ESTUPENDA!
(Carla, Carlota e Clara)



No hay comentarios: