domingo, 18 de marzo de 2012

O MILLO CORVO (II)

O alumnado do 2º ciclo, para celebrar a  24ª SEMANA DA PRENSA NA ESCOLA, fixemos de reporteiros aproveitando a 2ª visita á aldea de Meiro para rematar o ciclo do MILLO CORVO.
O xoves, día 15 de marzo, ás 10,15  da mañán subímonos ao autobús e fomos directos a Meiro moi entusiasmados.
Chegamos ás 10,30. Alí xa nos estaban esperando algúns dos membros da ASOCIACION CULTURAL DE MEIRO. Un deles, Bruno, foi o noso guía durante toda a xornada.
Iniciamos a visita no  HÓRREO (onde gardan as espigas para o seu secado durante o inverno). Bruno ensinóunos as distintas partes que o forman : o , o TORNARRATOS, as CÁMARAS DE VENTILACIÓN ....
Logo comezamos a DEBULLAR (separar o gran de millo do carozo) as espigas que nos tiñan preparadas nunhas cestas. A continuación CRIBAMOS os grans en PENEIRAS para quitarlles o lixo.
Despois fomos ver o FORNO DE PORTA ABERTA, onde se coce o pan. Cada un de nós botoulle un carozo dentro. Alí tamén vimos a ARTESA, onde repousaba a masa.
Mentres cocía o pan, o noso guía, levounos ata o MUÍÑO DA PRESA e ensinounos as distintas partes que o compoñen e vimos como se moía o gran para facer a fariña.
Rematamos a visita indo de novo ata o FORNO, onde, por fin, poidemos tomar un anaco dese pan aínda quente e morado e que estaba moi rico.
Cerca das 14,00 horas chegamos de volta ao colexio moi contentos porque nos gustou moito esta saída.

EQUIPO DE REPORTEIROS:
Agustín, Ainara, Alexandra, Ana, Andrea, Bruno, Carlota, Clara, Darío, Hugo, Iria, Iris, Manuel, Mario, Martín, Sofía e Teresa.