martes, 22 de marzo de 2011

PRIMAVERA 2011

Cando chega este tempo,eu vou a praia,paseo,xogo,vou comer a casa da avoa. Tamén xogo co meu can, con meu irman,meu pai e a miña nai.
Gustanme moito este tempo!(Daniel Otero)

domingo, 13 de marzo de 2011

REMATOU O CARNAVAL.

Este ano, no noso cole o tema dos disfraces foi O BOSQUE.
No segundo ciclo (3º e 4º) disfrazámonos de ROBIN HOOD: un personaxe lexendario inglés, da época medieval, que defendía o bosque de Nottinghan e roubáballe aos ricos para repartir cos pobres.

O pasado día 4 de marzo fixemos o desfile das comparsas polas rúas de Beluso.

miércoles, 9 de marzo de 2011

A EXCURSIÓN

O día 25 de febreiro fomos a Vigo con 1º, 2º e 4º. Primeiro fomos ao teatro a ver unha obra de  monicreques chamada "Narigudos". Cando acabou fomos merendar e a xogar a moitos xogos na Alameda de Vigo. Despois marchamos ao museo do Marco.

Sabedes o que significa a palabra MARCO? Pois volo imos dicir:
M- de Museo
AR- de ARte
CO-de Contemporáneo.
Alí fixemos moitas cousas divertidas: ao principio ensináronnos fotos de VIRXILIO VIEITEZ . Despois fixemos un obradoiro onde debuxamos caras con distintas expresións.

Por último, saimos correndo ao autobús que se nos ía.

(Claudia Rial    e
                         Lucía López)

conto de inverno