miércoles, 9 de marzo de 2011

A EXCURSIÓN

O día 25 de febreiro fomos a Vigo con 1º, 2º e 4º. Primeiro fomos ao teatro a ver unha obra de  monicreques chamada "Narigudos". Cando acabou fomos merendar e a xogar a moitos xogos na Alameda de Vigo. Despois marchamos ao museo do Marco.

Sabedes o que significa a palabra MARCO? Pois volo imos dicir:
M- de Museo
AR- de ARte
CO-de Contemporáneo.
Alí fixemos moitas cousas divertidas: ao principio ensináronnos fotos de VIRXILIO VIEITEZ . Despois fixemos un obradoiro onde debuxamos caras con distintas expresións.

Por último, saimos correndo ao autobús que se nos ía.

(Claudia Rial    e
                         Lucía López)

No hay comentarios: