martes, 26 de febrero de 2013

ALBORADA PARA ROSALÍA


O dia 25 de febreiro pola maña chegou un gaiteiro por sorpresa.Tocou a alborada polo aniversario de Rosalia de Castro. Logo as profes deron un marcapaxinas a cada alumno/a. A penultima hora os nenos e nenas de quinto nos axudaron a facer un debuxo dun poema de "Cantares Gallegos".Os de cuarto axudáronlle aos de primeiro. E así foi como celebramos o aniversario de Rosalía de Castro que naceu o 24 de febreiro de 1837. (Iris Fandiño e Pablo Fernández)

miércoles, 20 de febrero de 2013

SAÍDA A VIGO

 Este martes pasado os alumnos de 3º e de 4º de Primaria fomos de visita cultural a Vigo.
A primeira parada foi para asistir no Centro Cultural Novacaixagalicia á representación da obra de teatro "MALAS PALABRAS".
Ao rematar e despois dun breve recreo, collemos de novo o autobús cara ao  MUSEO DO MAR DE GALICIA (XUNTA DE GALICIA).Alí os alumnos de 3º curso fixeron un obradoiro e os de 4º, outro.

OBRADOIRO PARA 3º CURSO : OS MERGULLADORES

En primeiro lugar observamos os distintos traxes o longo do tempo. Logo fixemos varias probas : comprobamos canto agantamos sen aire, probamos unha escafandra e disparamos á aleta dorsal dunha quenlla para colocarlle un transmisor e así facerlle un seguimento.Para finalizar observamos unha peza orixinal :O SUBMARINO DE SANJURJO BADÍA.

OBRADOIRO PARA 4º CURSO : A PESCA EN GALICIA AO LONGO DA HISTORIA
En primeiro lugar visitamos o ACUARIO.Logo comezamos o obradoiro. Esta actividade mostrounos como o home foi desenvolvendo unha serie de técnicas para capturar peixes e outros animais que viven no mar , dende a extracción a man ata o emprego de anzois, redes, arpóns ... E logo como buscou métodos de conservación para este peixe ; como o secado , a salga, o afumado , máis tarde o enlatado, ata chegar á conservación en frío.
Neste obradoiro pasámolo moi ben sobre todo co LANZAMENTO DO ARPÓN para capturar unha balea e tamén cun  LANCE DE PESCA dende unha chalana ataviados cun SUESTE na cabeza.

                 A   S A Í D A   F O I    M A G N Í F I C A !



jueves, 14 de febrero de 2013

DIA DOS NAMORADOS

  Un grupo de nenos de 4º e de 5º de Primaria representaron para o resto dos compañeiros a obra  "NAMORADOS" para festexar este día.

SAIU TODO XENIAL!