jueves, 27 de diciembre de 2012

OS MELLORES DESEXOS.

A piques de rematar o ano, non queremos despedirnos sen pendurar na nosa tarandeira os mellores desexos para o vindeiro 2013.

miércoles, 26 de diciembre de 2012

POR FIN, AS VACACIÓNS ...

Chegou  o  21 de decembro e con el o FESTIVAL DE NADAL, as notas da PRIMEIRA AVALIACIÓN e as desexadas VACACIÓNS.

O SEGUNDO CICLO DESÉXAVOS UN BO NADAL E UN FELIZ ANO 2013.



jueves, 20 de diciembre de 2012

OBRADOIRO DE CONSUMO E DEPURACIÓN DE AUGAS

Hoxe , a primeira  hora  da mañá baixamos á aula de Informática, onde  nos  esperaba un monitor da   AULA DE NATUREZA DE CABO UDRA  para ofrecernos un obradoiro sobre o CONSUMO   E A DEPURACIÓN DAS AUGAS.
A primeira parte da sesión consistiu nunha charla con imáxenes sobre o tema. E a segunda parte foi totalmente práctica.
A experiencia foi moi educativa e ademais pasámolo moi ben.


sábado, 15 de diciembre de 2012

RECITANDO A CELSO EMILIO FERREIRO

O mércores, día 12 do 12 do ano 12 ás 12:00 horas, como outros 200 centros de ensino de toda Galicia, o noso colexio en pleno saiu ao patio para recitar a ritmo de "rap" o poema "DEITADO FRENTE AO MAR" de Celso Emilio.


sábado, 24 de noviembre de 2012

NAVEGANDO POLO MUNDO.

O día 23 de novembro fomos de excursión a Bueu. Visitamos o Museo Masso, a praza de abastos e unha exposición de fotografía submariña. Xogamos e merendamos no parque do Concello e no parque novo (emocionante tirolina).

domingo, 18 de noviembre de 2012

MAGOSTO 2012

Este ano as castañas estaban boísimas. Antes de comelas bailamos e cantamos a canción "Ghaivota , ghaivota" que estivemos preparando na clase de Música.
Unha vez máis practicamos cos xogos tradicionais, con axuda da Aociación Cultural de Sanamedio.
Moitas grazas.



viernes, 2 de noviembre de 2012

SAMAÍN NO COLEXIO

Por fin chegou a festa do SAMAÍN.

Case todos estabamos disfrazados. Había: bruxas, demos, momias, zombies, esqueletos..
.
Antes do recreo baixamos á biblioteca para cantarlles aos máis pequenos uns CHANTS en inglés. E, de seguido, representamos para eles o conto " O PAPÓN", co que riron moito.

Despois do recreo, todos os alumnos de Primaria baixamos ao salón para volver cantar os CHANTS .  Logo , os de 5º  e  6º  fixeron un  CONXURO  MÁXICO  e  convocaron á SANTA
COMPAÑA.

Ao final ,  recollemos as cabazas que tiñamos expostas na entrada do Colexio , levámolas para a clase  e fixemos fotos con elas.

O DÍA FOI XENIAL !


REDACTORAS: Ana, Andrea, Carlota, Clara, Elisa, Iria, Sofía e Teresa.


miércoles, 24 de octubre de 2012

        O RECITAL DE CELSO EMILIO   FERREIRO

Ai, que soliña quedaches....
        Hoxe no cole de Montemogos fixemos un recital de poesía para celebrar o DÍA DAS BIBLIOTECAS  e o  CENTENARIO do nacemento do escritor Celso Emilio Ferreiro.

                   
No tempo aquel,
cando os animais falaban...


A clase de terceiro recitou unha poesía que se titula  REINO  e a clase de cuarto o                                 poema titulado  MARÍA SOLIÑA.
       

Gustounos moito estar este día aquí.

domingo, 14 de octubre de 2012

O TREN DE TERCEIRO

OLA: SOMOS OS NENOS E NENAS DE TERCEIRO QUE EMPEZAMOS UN NOVO CICLO E QUEREMOS ENSINARVOS O TREN QUE PINTAMOS AO COMEZO DO CURSO. É UN TREN MOI ESPECIAL QUE PODE VOAR E NO QUE METEMOS MOITAS COUSAS QUE NOS GUSTAN.
LEVA UN VAGÓN DE POKEMONS, OUTRO CUNHA PISCINA; TAMÉN LEVA UN VAGÓN DE GRAFITTIS NO QUE TODO O MUNDO PODE PINTAR E OUTO CHEO DE COMIDA. ESTE TREN HABEMOS DE ENCHELO AÍNDA MÁIS PARA QUE NOS AXUDE A CHEGAR A CUARTO. <

jueves, 4 de octubre de 2012

COMEZAMOS CON MÚSICA

O PASADO 27 DE SETEMBRO O GRUPO RETROUXO ESTIVO NO COLE PARA AMOSARNOS OS SEUS INSTRUMENTOS MUSICAIS E PARA ANIMARNOS A PARTICIPAR CON ELES, APRENDENDO A TOCAR MÚSICA TRADICIONAL GALEGA.

miércoles, 20 de junio de 2012

EXCURSIÓN POLO BAIXO MIÑO: A GUARDA, TUI

O pasado 19 de xuño fixemos a excursión de fin de curso. Xa nos tardaba en chegar o día, pero por fin poidemos realizala. O tempo acompañounos e disfrutamos dun día marabilloso.

martes, 29 de mayo de 2012

VISITA DO ILUSTRADOR ABRAHAM CARREIRO

Como remate da Semana Cultural 2012 o venres, 25 de maio, baixamos ao salón de actos do noso cole e alí nos esperaba o ilustrador ABRAHAM CARREIRO  (Iris, Ainara e Alexandra).

Tivemos que levar lapis, goma e unha libreta. Ao principio non sabiamos para que, logo resultou que tamén nos fixemos de ilustradores. Foi moi amable. (Ana e Teresa).

Primeiro ensinounos os seus debuxos e logo aprendeunos a facer unha galiña, un cabalo e un tiburón. Foi xenial. (Elisa, Andrea, Carla e Mario).

A min gustoume moito cando nos ensinou a debuxar con formas básicas. (Darío).

O que máis me gustou foi poder debuxar animais que parecían difíciles de facer. (Martín).

Gustoume unha cegoña que nos debuxou e díxonos que era unha das súas protagonistas. (Carlota).

Contounos que a cegoña viaxa polo mundo e o que atopa quédallo. Foi moi divertido e a min firmoume un autógrafo. (Agustín).

Tivemos unha gran experiencia e ademais ao rematar firmounos na nosa libreta e sacamos fotos con el. (Iria e Manuel).




lunes, 21 de mayo de 2012

XOGOS POPULARES

 Durante a celebración da XXV SEMANA CULTURAL , o pasado 15 de maio, estivemos aprendendo os xogos dos nosos maiores, contando coa axuda da Asociación Cultural de Sanamedio. Xogamos: áo trompo, á ra, á cachiza, aos zancos, ao aro, ao tiro de corda. Pasámolo moi ben e gustarianos repetir a experiencia. .

viernes, 18 de mayo de 2012

CORRELINGUA 2012

O luns, día 14, fomos a Moaña para participar no CORRELINGUA 2012.
Nada máis saír do autobús , atopámonos cunha moi grata sorpresa : o profe Jaime, que foi o noso profe de Educación Física ate este curso e que agora está no colexio de Reibón.
Depois de saudarnos con moito agarimo, levounos a coñecer as instalacións deportivas do seu novo cole.

Quedamos abraiados! Eran chulísimas!.

Logo iniciamos o desfile xunto con centos de nenos/as doutros coles ata chegar a unha gran explanada, na que,  despois de merendar, cantamos e bailamos ao son do grupo PESDELÁN.
Ao rematar a actuación collemos de novo o autobús para volver ao cole.

FOI  XENIAL !   PASÁMOLO EN GRANDE !





 


lunes, 30 de abril de 2012

O DIA DO LIBRO

Para conmemorar o "DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO" durante a hora de ler  dos días 23 e 27  deste mes de abril os alumnos/as de 2º e 3º ciclo fixemos de padriños/madriñas lectores dos compañeiros de infantil.
A nós, os de 2º ciclo, tocounos de afillados/as : aos de 3º, os de tres anos e aos de 4º, os de catro anos.
O luns, día 23, despois de presentarnos, cada un lémoslle ao noso afillado/a un libro escollido por nós ; e o venres, día 27, un conto elexido por eles.

FOI UNHA EXPERIENCIA MARABILLOSA!

EQUIPO DE REDACTORES :Carlota Bernárdez, Teresa Bernárdez, Andrea Cordeiro, Uxía Docampo, Martín González, Alexandra Durán, Ana Ríos e Iria Villanueva.

domingo, 18 de marzo de 2012

O MILLO CORVO (II)

O alumnado do 2º ciclo, para celebrar a  24ª SEMANA DA PRENSA NA ESCOLA, fixemos de reporteiros aproveitando a 2ª visita á aldea de Meiro para rematar o ciclo do MILLO CORVO.
O xoves, día 15 de marzo, ás 10,15  da mañán subímonos ao autobús e fomos directos a Meiro moi entusiasmados.
Chegamos ás 10,30. Alí xa nos estaban esperando algúns dos membros da ASOCIACION CULTURAL DE MEIRO. Un deles, Bruno, foi o noso guía durante toda a xornada.
Iniciamos a visita no  HÓRREO (onde gardan as espigas para o seu secado durante o inverno). Bruno ensinóunos as distintas partes que o forman : o , o TORNARRATOS, as CÁMARAS DE VENTILACIÓN ....
Logo comezamos a DEBULLAR (separar o gran de millo do carozo) as espigas que nos tiñan preparadas nunhas cestas. A continuación CRIBAMOS os grans en PENEIRAS para quitarlles o lixo.
Despois fomos ver o FORNO DE PORTA ABERTA, onde se coce o pan. Cada un de nós botoulle un carozo dentro. Alí tamén vimos a ARTESA, onde repousaba a masa.
Mentres cocía o pan, o noso guía, levounos ata o MUÍÑO DA PRESA e ensinounos as distintas partes que o compoñen e vimos como se moía o gran para facer a fariña.
Rematamos a visita indo de novo ata o FORNO, onde, por fin, poidemos tomar un anaco dese pan aínda quente e morado e que estaba moi rico.
Cerca das 14,00 horas chegamos de volta ao colexio moi contentos porque nos gustou moito esta saída.

EQUIPO DE REPORTEIROS:
Agustín, Ainara, Alexandra, Ana, Andrea, Bruno, Carlota, Clara, Darío, Hugo, Iria, Iris, Manuel, Mario, Martín, Sofía e Teresa.


jueves, 23 de febrero de 2012

CANCIÓN DO ENTROIDO 2012




        ANTE UN FOGÓN    2º Ciclo
                                      (Música: “Un rayo de sol”. Los Diablos
                                       Letra: Mª del Carmen Álvarez)

                                       Sha la la la la  oh oh oh            
                                       Sha la la la la  oh oh oh
                                       Sha la la la la  oh oh oh           
                                       sha la la la la  oh oh oh     RETROUSO 1
                                       La la la la la la la la
                                       La la la la la la la la
                                       La la la la

                                       Ante un fogón oh oh oh
                                       somos do mellor oh oh oh
                                       viunos o Arzak oh oh oh
                                       e xa se arrugou oh oh oh                                                                                                                               RETROUSO 2                                                                    Patés, empanadas, purés
                                       asados, cocidos, suflés
                                       e flans tamén.

                                      E se facemos tortilla
                                      sáenos fenomenal :
                                      patacas, aceite de oliva
                                      cebola, ovos e algo de sal   
                                                    (Retrouso 1)
                                      E coa col do cocido
                                      teremos que mesturar :
                                      porco, tenreira, chourizo
                                      e algo de ave de curral.

                                      E as nosas tortas caseiras
                                      sonche do máis especial,
                                      soen quedar de primeiras
                                      a nivel internacional.
                                           (Retrouso 1 e 2)

domingo, 19 de febrero de 2012

ENTROIDO NO COLE.




O venres, día 17, por fin, despois dun montón de días cos preparativos do disfraz e da canción, chegou 
o DIA DO DESFILE.
Unha vez  preparados,  todo alumnado do cole xunto cos nosos profes, saímos  polas  rúas  de  Beluso cantando e bailando.
Logo, de volta no cole, cada ciclo cantamos a nosa canción; primeiro para as familias e logo para todos os nenos.
Para rematar fixemos unha merendola con produtos típicos do ENTROIDO : filloas, orellas, chulas ...
        Pasámolo xenial ! E agora a disfrutar duns días de merecidas vacacions.

lunes, 13 de febrero de 2012

MOVENDO AS LETRAS

Volvemos ir a Vigo, esta vez á Fundación Barrié de la Maza á exposición "Letras en movemento" Estivemos vendo como aparecen palabras na pantalla : títulos de crédito das películas, en anuncios publicitarios, en vídeos musicais,..
Fixemos un obradoiro que consistia en formar unha palabra e, aplicándolle un programa informático, darlle movemento. Se queres velo preme aquí
Ao rematar no museo fomos merendar na Alameda para achegarnos despois ata o centro cultural Novacaixagalicia a un concerto de música tradicional galega:
"Tocaron a gaita, a zanfona, o tambor, o bombo, a requinta, o charrasco,...Tamén bailaron e ao final veu Carolina co seu lagarto na saia" (Alex)



miércoles, 8 de febrero de 2012

A VISITA DE GONZALO MOURE

  O martes, día sete, recibimos a agradable visita na nosa biblioteca do escritor Gonzalo Moure, autor do libro que lemos neste trimestre: "Cama e conto".



COMENTARIOS:
  • Gonzalo foi encantador e moi simpático. (Claudia Rodríguez)
  • Fixémoslle un acróstico coa palabra GONZALO e cando acabou de falar, firmounos un autógrafo.(Claudia Rial)
  • Contounos moitas cousas, pero a miña preferida é que vai ir a África cunha fotógrafa. Quen sabe? ao mellor fai un novo libro. (Lucía).
  • O seu equipo de fútbol favorito é o SAHARA. Xogan descalzos, pero son moi bos. (Zaira)
  • Dos libros que escribiu, o seu preferido é "Palabras de Caramelo", no que fala dos problemas do pobo saharaui. (Iria)
  • Contounos que desde os seis anos o seu soño era ser escritor, pero o primeiro libro publicouno aos trinta e oito anos. Antes estivo traballando como xornalista. Tamén nos dixo que os seus contos sácaos da realidade, non os inventa. (Teresa Bernárdez) 
  • O que máis me gustou foi cando nos firmou a todos un autógrafo no noso libro. Así temos un libro firmado por un escritor importante e divertido. (Iris)
  • O libro de "Cama e conto" dedicoullo ao pobo asturiano onde vive, Vallobal; según el, a capital dos contos. (Ana Ríos)

miércoles, 1 de febrero de 2012

ALIMENTACIÓN SAUDABLE: AS MAZÁS


Os nenos e nenas da clase de cuarto presentamos na biblioteca do cole un traballo que fixemos sobre as mazás. Repartímonos en dous grupos;
un mostroulle o traballo a E.Infantil, 1º e 2º de Primaria e o outro grupo presentoullo a 3º, 5º e 6º   





DIA DA PAZ





O luns, día 30, celebrouse o día da Paz.
No noso colexio celebrámolo indo ao patio, colocándonos formando dous círculos.
Primeiro cantamos a canción "O arco da vella" e despois cantamos e bailamos "A camiño de Viseu".

IRIA.


QUE É A PAZ?

A paz é dar, non quitar.
A paz é compartir, non gardar todo para min.
A paz é escoitar e falar, non pelexar.
A paz é consolar, non dar a espalda.
A paz é construir, non destruir.
A paz é xogar xuntos, non andar ao noso aire.
A paz é amizade, non odio.
A paz é respectar.
A paz é AMAR.

CARLOTA.

jueves, 19 de enero de 2012

100 anos con Álvaro Cunqueiro






O día 17 de xaneiro, os de 4º, 5º e 6º  fomos a Vigo á CASA GALEGA DA CULTURA.
Alí vimos a biblioteca e unha pinacoteca de Francisco Fernández del Riego
Máis tarde estivemos na Fundación Penzol onde habia arquivos xigantes.


O que máis nos gustou foi a exposición de ÁLVARO CUNQUEIRO que conmemoraba o centenario do seu nacemento. Aparecia unha estatua xigante do Mago Merlín e moitos comentarios e fotografías de Cunqueiro e das súas obras.


FOI XENIAL.

ANIMAIS SALVAXES

O dia 17 de xaneiro do 2012 os nenos e nenas de cuarto fomos a Vigo a ver a exposición fotográfica que se titula WILDLIFE.Vimos animais impresionantes: quenllas,elefantes,leóns... Fixemos unha ficha en grupos de 3 e explicáronnos cal foi o gañador de 31.856 imaxes: unha preciosa fotografia de formigas traballando nunha folla de cor verde intensa.


ENCANTÁRONNOS TODAS AS FOTOGRAFIAS!


Se queredes visitar esta exposición está no Centro Social Novacaixagalicia ata o dia 29 de xaneiro.