miércoles, 8 de febrero de 2012

A VISITA DE GONZALO MOURE

  O martes, día sete, recibimos a agradable visita na nosa biblioteca do escritor Gonzalo Moure, autor do libro que lemos neste trimestre: "Cama e conto".



COMENTARIOS:
  • Gonzalo foi encantador e moi simpático. (Claudia Rodríguez)
  • Fixémoslle un acróstico coa palabra GONZALO e cando acabou de falar, firmounos un autógrafo.(Claudia Rial)
  • Contounos moitas cousas, pero a miña preferida é que vai ir a África cunha fotógrafa. Quen sabe? ao mellor fai un novo libro. (Lucía).
  • O seu equipo de fútbol favorito é o SAHARA. Xogan descalzos, pero son moi bos. (Zaira)
  • Dos libros que escribiu, o seu preferido é "Palabras de Caramelo", no que fala dos problemas do pobo saharaui. (Iria)
  • Contounos que desde os seis anos o seu soño era ser escritor, pero o primeiro libro publicouno aos trinta e oito anos. Antes estivo traballando como xornalista. Tamén nos dixo que os seus contos sácaos da realidade, non os inventa. (Teresa Bernárdez) 
  • O que máis me gustou foi cando nos firmou a todos un autógrafo no noso libro. Así temos un libro firmado por un escritor importante e divertido. (Iris)
  • O libro de "Cama e conto" dedicoullo ao pobo asturiano onde vive, Vallobal; según el, a capital dos contos. (Ana Ríos)

No hay comentarios: