martes, 31 de diciembre de 2013

jueves, 12 de diciembre de 2013

POSTAIS DE NADAL

   Hoxe por fin rematamos as postais de Nadal. Témolas expostas na clase ata o día 20, en que escomezan as vacacións. Ese día ímolas recoller para felicitar as festas á nosa familia.


miércoles, 4 de diciembre de 2013

VISITA DO PINTOR "JOSÉ MARÍA BARREIRO"

  Onte foi un día moi importante no noso Colexio, porque visitounos o pintor JOSÉ MARÍA BARREIRO.
Antes de baixar ao salón eu preguntábame : Ensinaranos técnicas para debuxar mellor?
  Pois, Barreiro mostrounos uns cadros feitos por el e despois pintou un diante de nós.
Para rematar fixémoslle preguntas.
Zulema Pereira

BARREIRO  falounos de como se sente coa pintura. Para el o importante é crear. Colle a pintura figurativa e dalle un toque de creatividade. Gústalle que os cadros teñan moita forza, por eso dominan neles  cores luminosas : azuis, amarelos, vermellos ...
  Ten moitos cadros con músicos, sobre todo tocando a guitarra e o acordeón, porque lle encantan esos instrumentos.
  Debuxou diante de nós un cadro. Primeiro trazou con ceras a figura dun músico. Logo empezou a repasar e por último coloreou. Díxonos que é moi importante o fondo do cadro mesturando cores. Ao final o cadro resultou precioso.
Raquel Martínez

  Primeiro contounos algo da súa vida. Que aínda que naceu en Forcarei, e viaxou por case todo o mundo, agora vive en Cela. Que empezou a pintar aos oito anos. Que os temas que máis lle gustan son os músicos, os circos e as paisaxes. Que coñeceu a outros pintores famosos como : PICASSO, LUGRÍS, LAXEIRO, LUÍS SEOANE ...
  A continuación ensinounos algúns dos seus cadros. Uns por ordenador e outros de verdade.
Logo pintounos un cadro. Na metade esquerda pintou de forma figurativa un gaiteiro e na metade dereita, ese mesmo gaiteiro pero de forma abstracta, para que nos decatáramos da diferenza.
  A min o cadro que máis me gustou foi "As vistas da Illa de Ons".
Ramón Patiño