Onte foi un día moi importante no noso Colexio, porque visitounos o pintor JOSÉ MARÍA BARREIRO.
Antes de baixar ao salón eu preguntábame : Ensinaranos técnicas para debuxar mellor?
Pois, Barreiro mostrounos uns cadros feitos por el e despois pintou un diante de nós.
Para rematar fixémoslle preguntas.
Zulema Pereira
BARREIRO falounos de como se sente coa pintura. Para el o importante é crear. Colle a pintura figurativa e dalle un toque de creatividade. Gústalle que os cadros teñan moita forza, por eso dominan neles cores luminosas : azuis, amarelos, vermellos ...
Ten moitos cadros con músicos, sobre todo tocando a guitarra e o acordeón, porque lle encantan esos instrumentos.
Debuxou diante de nós un cadro. Primeiro trazou con ceras a figura dun músico. Logo empezou a repasar e por último coloreou. Díxonos que é moi importante o fondo do cadro mesturando cores. Ao final o cadro resultou precioso.
Raquel Martínez
Primeiro contounos algo da súa vida. Que aínda que naceu en Forcarei, e viaxou por case todo o mundo, agora vive en Cela. Que empezou a pintar aos oito anos. Que os temas que máis lle gustan son os músicos, os circos e as paisaxes. Que coñeceu a outros pintores famosos como : PICASSO, LUGRÍS, LAXEIRO, LUÍS SEOANE ...
A continuación ensinounos algúns dos seus cadros. Uns por ordenador e outros de verdade.
Logo pintounos un cadro. Na metade esquerda pintou de forma figurativa un gaiteiro e na metade dereita, ese mesmo gaiteiro pero de forma abstracta, para que nos decatáramos da diferenza.
A min o cadro que máis me gustou foi "As vistas da Illa de Ons".
Ramón Patiño


No hay comentarios:
Publicar un comentario