lunes, 19 de diciembre de 2011

PANXOLIÑA

Dende a nosa tarandeira queremos desexarvos  un
                                FELIZ  ANO 2012 
e invitarvos a compartir con nós esta panxoliña: Nubes de algodón.


miércoles, 14 de diciembre de 2011

CROSS ESCOLAR BUEU 2011



O venres, día 9, baixamos a Bueu para participar no CROSS ESCOLAR. E aínda que chegamos moi cansos á meta, pasámolo moi ben.
Desde aquí mandámoslle ao noso compañeiro de ciclo Jorge os nosos parabéns por acadar o terceiro posto na súa categoría.

Saúdos.

martes, 6 de diciembre de 2011

EXPOSICIÓN DO TRABALLO DA CASTAÑA




O luns, día 5 de decembro o grupo de nenos e nenas que fixemos o traballo de "A castaña" fomos á biblioteca a expoñelo para os máis pequenos do cole : Educación infantil, e primeiro ciclo de Primaria.
O próximo mércores, día 7, ímolo expoñer tamén para os de segundo e terceiro ciclo de Primaria.

Carlota Bernárdez




jueves, 24 de noviembre de 2011

A IGUALDADE

O 21 de novembro veu a nosa BIBLIOTECA un señor que se chamaba Ramón. El foi o que nos falou da igualdade.Dixonos que os nenos e as nenas teñen que ter liberdade e tamén teñen que colaborar nas tarefas da casa.      (JORGE MILLÁN)


As  nenas  poden  xogar  ao  que   queiran  como  ao  futbol.  E  os chicos  poden  xogar  con  monecas.     (VICTOR  CANOSA)
  
Durante a semana do 25 de novembro (DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO), o Concello de Bueu leva a cabo unha campaña de concienciación nos centros de ensino. Neste caso viñeron ao noso cole para realizar un obradoiro sobre o tema.  

viernes, 11 de noviembre de 2011

O MAGOSTO

Despois de cantar durante a semana a canción que nos aprendeu a profe Sole:
        "Non chas quero,
         non chas quero,
         castañas do teu magosto.
Si que as quixemos e comemos  castañas que asaron Moisés e o profe Manolo.
COMEMOS, XOGAMOS, EMBORRÁMONOS  e pasámolo XENIAL

miércoles, 9 de noviembre de 2011

SEMANA DO MAGOSTO

Onte, na  HORA DE LER,  fomos á biblioteca e alí os nenos e nenas de E. Infantil de 4 e 5 anos, recitáronos adiviñas, léronos un conto e cantáronos unha canción relacionados coas castañas e o outono.
Ao final un grupo de pandereteiras de 3º ciclo, ofreceunos unha estupenda actuación.
Así é como estamos preparando o ambiente para a celebración do MAGOSTO.

martes, 4 de octubre de 2011

GÚSTANOS ESTAR EN TERCEIRO ...

Porque este ano temos: pantalla dixital na clase, música clásica na hora de ler, a todos os nenos de infantil no cole, comedor escolar, un novo equipo directivo, novos libros, xogos e material escolar ...




 Porque somos un pouco máis maiores, estamos outra vez todos xuntos, aínda que con outros profesores e, sobre todo, porque temos moitas ganas de aprender e traballar.



domingo, 2 de octubre de 2011

AS NORMAS DA CLASE DE TERCEIRO

Entre todos nós elaboramos as normas da clase.
                                                                                   
 .
E agora comprometémonos a cumprilas

O COMEZO DA NOSA ANDAINA

Ola! Benvidos ao noso blog.
Somos os alumnos de terceiro do CEIP Montemogos de Beluso (Bueu)
Aí vai a nosa foto de grupo

domingo, 25 de septiembre de 2011

A COMER MAZÁS

Na aula de 4º estamos facendo un traballo sobre as mazás de todos os tipos......



granni smith: un pouco ácida e triscante





tabardilla:un pouco ácida


golden:doce
 Os nenos e nenas trouxeron mazás de distintas clases e fomos probando. Había algunha que estaba un pouco pasada, pero casi todas estaban boísimas, porque agora é unha boa época para moitas mazás como: golden, tabardilla, golden delicius, granny smith,...


Escribimos sobre cada unha delas para recordar  o seu sabor, forma  e cor
¡Estan todas riquisimas !.

miércoles, 14 de septiembre de 2011

UN NOVO CURSO

REMATARON AS VACACIÓNS E AQUÍ ESTAMOS DE VOLTA EMPEZANDO UN NOVO CURSO


. O CURSO 2011-2012

O MELLOR DAS VACACIÓNS

Cando estaba na piscina co meu irmán. Xogamos, tirámonos de bomba.

O concerto de Melendi en Pontevedra. Molou moito coas súas cancións.

O mellor das vacacións foi cando lavei a miña cadela con xabón, pero cando se sacudía, ela lavábame a min.

Unha viaxe a Valencia.

O día 17 de xullo tiven unha comunión. Era de Claudia.

Un día pola noite fun a festa de Cangas co meu curmán Saúl.

O mellor das vacacións foi cando fixen a Comunión na igrexa. Todos querían darme regalos e abrazos, despois fomos para o restaurante e había unha torta de golosinas e unha piñata.Comemos, bailamos,sacamos fotos... E fomos á festa de Bueu

Fun a "Agua Park". Tireime por un tobogán que estaba escuro e ao chegar abaixo caín de cabeza.

No parque Warner Madrid fun nunha atracción que era unha fervenza de auga, ti montabas nun tronco e subías automaticamente escaleiras. Despois, baixabas tan rápido que te mollabas todo.

Fun a un camping cos meus avós. O que máis me gustou foi cando veu meu pai comigo á piscina e á praia.

martes, 31 de mayo de 2011

FESTIVAL DE POESÍA

PASENIÑO, PASENIÑO (Rosalía de Castro) Ilustracións: nenos e nenas de 3º de primaria. on PhotoPeach

jueves, 5 de mayo de 2011

TIC-TAC

O  día     4  de  maio  fomos  ao   concerto  de  TIC-TAC. Cando chegamos  ao cole pola mañá,  esperamos  un pouquiño.
A profe Isabel púxonos unha  palabra  que  nós escribimos porque nos gustaba..Despois atounos  unha pañoleta vermella para localizarnos porque iamos ao CORRELINGUA e 
alí había tamén outros coles .Veu o autobús. Pasado un  tempo  chegamos a  Bueu, andamos un pouco ata  cerca do Concello. Esperamos  e despois nos empezamos  a mover .Estivemos paseando bastante tempo.Chegamos ao  Concello de volta e  empezou  o concerto. A case todos  a canción  que máis lles gustou  foi  a  cancion  Tictac  e tamén  a de  ROC .Veu  o  autobus e fomos ao colexio de volta.
.QUERO  TER  DE  NOVO   ESTA EXCURSIÓN

                             (CLAUDIA RODRÍGUEZ)

miércoles, 27 de abril de 2011

LECTURA DO QUIXOTE

Esta semana estamos indo ao salón de actos para ler algúns capítulos de "EL INGENIOSO HIDALGO DON QUIJOTE DE LA MANCHA".
Hoxe tocounos ler aos de terceiro e cuarto curso a aventura dos muíños de vento, cando don Quixote arremete contra uns muíños crendo que eran xigantes.


martes, 22 de marzo de 2011

PRIMAVERA 2011

Cando chega este tempo,eu vou a praia,paseo,xogo,vou comer a casa da avoa. Tamén xogo co meu can, con meu irman,meu pai e a miña nai.
Gustanme moito este tempo!(Daniel Otero)

domingo, 13 de marzo de 2011

REMATOU O CARNAVAL.

Este ano, no noso cole o tema dos disfraces foi O BOSQUE.
No segundo ciclo (3º e 4º) disfrazámonos de ROBIN HOOD: un personaxe lexendario inglés, da época medieval, que defendía o bosque de Nottinghan e roubáballe aos ricos para repartir cos pobres.

O pasado día 4 de marzo fixemos o desfile das comparsas polas rúas de Beluso.

miércoles, 9 de marzo de 2011

A EXCURSIÓN

O día 25 de febreiro fomos a Vigo con 1º, 2º e 4º. Primeiro fomos ao teatro a ver unha obra de  monicreques chamada "Narigudos". Cando acabou fomos merendar e a xogar a moitos xogos na Alameda de Vigo. Despois marchamos ao museo do Marco.

Sabedes o que significa a palabra MARCO? Pois volo imos dicir:
M- de Museo
AR- de ARte
CO-de Contemporáneo.
Alí fixemos moitas cousas divertidas: ao principio ensináronnos fotos de VIRXILIO VIEITEZ . Despois fixemos un obradoiro onde debuxamos caras con distintas expresións.

Por último, saimos correndo ao autobús que se nos ía.

(Claudia Rial    e
                         Lucía López)

conto de inverno