martes, 28 de mayo de 2013

VISITA GUIADA A CABO UDRA

      O pasado luns, día 27 de maio, todo o alumnado e o profesorado do Colexio fixemos unha visita guiada a CABO UDRA acompañados por Proteción Civil de Bueu.
      Ao chegar a CHAN DE ESQUEIROS, despois dunha boa camiñada, estábanos esperando Miguel, que ía ser o noso guía e tamén dos alumnos de 5º e 6º.
(Ana, Iria e Sofía)

        Nada  máis  iniciar  a ruta, Miguel levounos  a ver  un  CHOZO,  antigo refuxio para pastores. Logo falounos das rochas de granito que forman parte do solo de UDRA e que se formaron a unha gran profundidade (decenas de quilómetros) hai máis de trescentos millóns de anos, pero que a erosión fixo que se achegaran á superficie.
       Tamén nos falou un pouco da fauna e da flora do lugar. Entre os animais destaca o LAGARTO ARNAL , que é o lagarto máis grande de Europa e que aquí é omnívoro e pode verse en grupo.Avistamos tamén GAIVOTAS PATIAMARELAS, CORVOS MARIÑOS, PATUXAS ...O máis destacado da flora son as TOXEIRAS (as máis abundantes),  as ORQUÍDEAS (moi pequeniñas), o TROBISCO (as súas follas son tóxicas) e os LOUREIROS (que son das poucas árbores que atopamos).
(Teresa, Elisa e Andrea)

        Ao chegar á AULA DA NATUREZA merendamos e descansamos. Cando rematamos, entramos  e un guía falounos de que esta aula foi inaugurada no outono de 2008, de que ten distintivo de Bandeira Azul, que a enerxía eléctrica obtense por paneis solares e un pequeno aeroxenerador e que antigamente eran pabellóns
militares. Tamén nos explicou o máis importante sobre a fauna e a flora deste lugar a través dos distintos paneis informativos que ten a sala.
(Mario, Manuel e Hugo)

         Ao rematar fomos de volta a CHAN DE ESQUEIROS. De camiño vimos uns cabalos soltos : un poni e un poldro. Ao chegar alí xogamos un pouco e logo iniciamos o camiño de volta ao Colexio.                               A SAÍDA FOI ESTUPENDA!
(Carla, Carlota e Clara)



domingo, 12 de mayo de 2013

                                              FESTA DO CORRELINGUA

 Prepararamos durante días as nosas camisetas de palabras bonitas. Este ano eran palabras relacionadas co mar. Fixemos unha pancarta co nome do noso cole, puxemos o pano vermello arredor do pescozo e marchamos a celebrar a  festa da lingua xunto con outros coles de todo o Morrazo. Eramos moitísim@s.
O alumnado de primaria fixo unha marcha  polas rúas de Bueu, mentras as clases de infantil participaban en obradoiros de xogos tradicionais.
Reencontrámonos na Praza Massó e alí, despois de merendar, houbo a actuación do mago Martín Camiña  e a do músico Luis Prego e o seu grupo que nos fixeron bailar a tod@s.
Disfrutámolo moito. 





lunes, 6 de mayo de 2013

PREPARÁNDONOS PARA O CORRELINGUA 2013

      
                       Rematadas as postais para o  DÍA  DA  NAI, xa temos                preparadas tamén as camisetas que lociremos este próximo
        venres, día 10, en Bueu no CORRELINGUA 2013.

                    Cada un de nós debuxou na súa camiseta unha palabra          relacionada co mar.

                               QUEDARON PRECIOSAS!