Este martes pasado os alumnos de 3º e de 4º de Primaria fomos de visita cultural a Vigo.
A primeira parada foi para asistir no Centro Cultural Novacaixagalicia á representación da obra de teatro "MALAS PALABRAS".
Ao rematar e despois dun breve recreo, collemos de novo o autobús cara ao MUSEO DO MAR DE GALICIA (XUNTA DE GALICIA).Alí os alumnos de 3º curso fixeron un obradoiro e os de 4º, outro.
OBRADOIRO PARA 3º CURSO : OS MERGULLADORES
En primeiro lugar observamos os distintos traxes o longo do tempo. Logo fixemos varias probas : comprobamos canto agantamos sen aire, probamos unha escafandra e disparamos á aleta dorsal dunha quenlla para colocarlle un transmisor e así facerlle un seguimento.Para finalizar observamos unha peza orixinal :O SUBMARINO DE SANJURJO BADÍA.
OBRADOIRO PARA 4º CURSO : A PESCA EN GALICIA AO LONGO DA HISTORIA
En primeiro lugar visitamos o ACUARIO.Logo comezamos o obradoiro. Esta actividade mostrounos como o home foi desenvolvendo unha serie de técnicas para capturar peixes e outros animais que viven no mar , dende a extracción a man ata o emprego de anzois, redes, arpóns ... E logo como buscou métodos de conservación para este peixe ; como o secado , a salga, o afumado , máis tarde o enlatado, ata chegar á conservación en frío.
Neste obradoiro pasámolo moi ben sobre todo co LANZAMENTO DO ARPÓN para capturar unha balea e tamén cun LANCE DE PESCA dende unha chalana ataviados cun SUESTE na cabeza.
A S A Í D A F O I M A G N Í F I C A !
No hay comentarios:
Publicar un comentario