miércoles, 10 de abril de 2013

A BOTELLA CON MENSAXE


Hoxe estamos moi contentas porque encontraron a botella coas mensaxes que botamos ao mar o DÍA DA PAZ.  O señor que a encontrou  chámase Pablo. A súa cadela foi a que encontrou a mensaxe escavando na area.
Atoparona na praia de Area Maior ou praia da Lagoa de Montelouro,  que  está entre   San Francisco e Ancoradoiro, no concello de Muros (A Coruña)
A  botella estaba situada sobre uns 30 metros da beira,  entre as dunas, nunha pequena   depresion producida por as mareas tan fortes que estan chegando. 
Segundo nos conta Pablo, nun correo electrónico que enviou ao cole, entrara un pouquiño de auga na botella, pero aínda se podían ler as mensaxes que escribimos no mes de xaneiro.
                       Grazas a Pablo e a súa cadela por dar conta da nosa botella mensaxeira.
                                                    (ALBA E CARMEN)



No hay comentarios: