miércoles, 27 de noviembre de 2013
PINTORES DO NOSO ENTORNO:BARREIRO.
Hoxe baixamos a BIBLIOTECA a falar dun pintor galego chamado XOSÉ MARÍA BARREIRO
Barreiro naceu en Forcarei (Pontevedra) pero agora vive na parroquia de Cela.
Ten 73 anos
Un grupo de nenos e nenas de cuarto curso: Carlos,Aridane,Alba,Iris e Iago fixemos unha presentación de Power Point sobre a vida e a obra de Barreiro.
Primero viñeron as aulas de quinto, sexto e terceiro, logo viñeron as de infantil e primeiro ciclo.
O vindeiro día 3 de decembro de 2.013 ven Xosé Mª Barreiro ao C.E.I.P. MONTEMOGOS e por iso nós estamos estudiando este autor. Cada trimestre imos traballar algún pintor ou pintora do noso entorno.
A presentación saiunos moi ben aínda que tivemos un pouco de vergoña sobre todo eu, Alba. Tamén tivemos moitos nervios cos cursos dos maiores pero cos pequenos non. Aos maiores líamoslle rápido e aos pequenos amodo.
Alba, Aridane e Carlos
&
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)


No hay comentarios:
Publicar un comentario