miércoles, 18 de junio de 2014

A EXCURSIÓN DE FIN DE CURSO

A primeira parada foi na praia de Camposancos na Guarda.
Alí estábanos esperando Agustín , un membro da Asociación Naturista Baixo-Miño (ANABAM) , que foi o noso guía.
Camiñamos tras el por un bosque de piñeiros ata chegar a un enorme eucalipto chamado "o avó" , que era tan groso que para abrazar ó seu tronco necesitamos a seis de nós.
Dalí fomos ata o arenal e observamos de cerca como o río Miño desemboca no mar, formando unhas fortes correntes de agua moi perigosas.
Logo estudamos as distintas clases de plantas que había (cardo, alelí da praia, leiterana, feo da praia )  E tamén recollimos cunchas e as clasificamos en gasterópodos e bivalvos.
Todas estas experiencias as fomos anotando nun caderno didáctico que nos regalou o noso guía Agustín ao comezo deste obradoiro.
Despois de comer , fomos ao monte Santa Trega , onde nos esperaba outro guía , Leo .Con el visitamos unha pequena parte do antigo castro ,o Vía Crucis , a capela de Santa Trega e o Museo. Con el aprendemos cousas moi interesantes.
Ao rematar este obradoiro , e antes de baixar do monte , compramos moitas cousas nas tendas de recordos.
Finalizamos a excursión en Baiona . Alí merendamos moi cerca de onde está atracada a réplica da carabela A Pinta.
 ¡Pasamolo moi ben!

Redactores : Raquel , Diego , José , Fernando , Ramón , Zulema e Lucía P.

No hay comentarios: