lunes, 11 de marzo de 2013

PERCEBEIRAS

8 DE MARZO DÍA INTERNACIONAL DA MULLER O venres 8 de marzo viñeron unhas percebeiras a explicarnos o seu traballo. Explicáronnos o material que empregan: a gateña, pico. mariconera, traxe de ra, botas de goma a caixa para vender o percebe .Os nenos e nenas de primeiro, segundo e terceiro fixémoslles unhas preguntas e elas contáronnos que: teñen que traballar cando a marea está baixa, sempre collen o percebe na Illa de Ons, teñen que ter moito coidado coas ondas do mar porque o percebe está nas rochas onde o mar bate con máis forza. Tamén nos dixeron que a veces cando tiñan que saltar, dende a lancha a terra,dáballes un pouco de medo. O percebe é mellor no inverno, a chuvia e o mal tempo fan que medre. Animáronnos para que estudemos moito e cando sexamos maiores, se nos gusta podemos ser percebeiros ou percebeiras porque para elas é un oficio moi bonito, do que senten moi orgullosas. Ao acabar démoslles un ramo de flores as percebeiras que se chaman .Estrella,Carmen e Begoña . MOITAS GRAZAS POLA VOSA VISITA! (Aridane Moreira e Gisela Pérez)

No hay comentarios: